Almendralexo, oficialmente Almendralejo, é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. É a capital da comarca da Tierra de Barros. Tiña en 2015 unha poboación de 34.265 habitantes.
É coñecida como «Cidade Internacional do Viño» e é a sede do consello regulador da D.O. Ribera del Guadiana, a única denominación de orixe de viño en Estremadura. Forma parte tamén da rexión do cava, segundo o seu consello regulador. Tamén é coñecida como «Cidade do Romanticismo» por ser o lugar de nacemento de dous principais poetas deste movemento literario, José de Espronceda e Carolina Coronado. Historia
Demografía
Cunha poboación de 34.265 habitantes en 2015 é o cuarto municipio máis poboado da provincia de Badaxoz e o sexto de Estremadura.
Fonte: INE
Barrios Os barrios de Almendralexo son: San José Las Mercedes El Mercado San Roque La Paz Centro La Farola San Antonio Santiago miniatura|Igrexa da Purificación Economía A súa situación nunha das terras máis fértiles de Estremadura e cruzada pola Ruta da Prata converteu á cidade nunha urbe desenvolvida que ofrece unha puxante industria de todo tipo, ademais dunha economía baseada nos cultivos tradicionais do viño e a oliva. Almendralexo é un dos puntais económicos da comunidade autónoma e, á vez, un exemplo de vida rural tradicional, pero polo que máis é coñecida a localidade é polas súas adegas. Algunhas delas posúen os máis prestixiosos premios de viño do mundo.
Patrimonio Santuario de la Piedad Museo Devocional Praza de touros Convento e igrexa de San Antonio Convento e igrexa de Santa Clara Casa-Palacio do Marqués de la Encomienda Igrexa Parroquial da Nosa Señora da Purificación Palacio dos Condes de Oliva Irmandamentos O concello de Almendralexo está irmandado co da Rúa desde 2002
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello de Almendralexo