Sant Andreu de la Barca é un municipio da provincia de Barcelona (Cataluña, España). Situado na comarca do Baix Llobregat, forma parte do área metropolitana de Barcelona. É sede da Comandancia da Garda Civil de Barcelona.
Historia 250px|miniatura|esquerda|Vista de Sant Andreu de la Barca desde Can Perera (el Papiol) Os restos arqueolóxicos iberos e romanos achados en diversos lugares do municipio testemuñan que esta zona foi habitada permanentemente na antigüidade. Non se acha constancia escrita da poboación ata o ano 1109.
Foi eminentemente agrícola ata os anos 1950, transformándose nunha cidade industrial sobre todo a partir dos anos 1970, cando a poboación aumentou fortemente grazas á inmigración andaluza.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 814 1.008 886 4.87013.08520.14026.752
Monumentos
Igrexa parroquial e campanario (zona vella). Datada en 1501, foi reformada no século XIX e tras a Guerra Civil. Ermida de Santa Madrona (El Palau). Torre-muíño Pedemonte (La Solana), que aloxa unha gardería municipal. Can Preses e Can Archs (El Palau), masías do século XV. Praza de Font da Roda (zona vella). Casas modernistas da rúa Joan Bosch (zona vella).
Localidades irmandadas Alcolea del Río (Sevilla, España) San Andrés (Holguín, Cuba)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do concello Televisión local de Sant Andreu Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona