Igualada é un municipio catalán da provincia de Barcelona, capital da comarca do Anoia. Está situado a 67 km de Barcelona. En 2010 tiña 39 149 habitantes.
A súa principal actividade é a industria (téxtil, papel, pel). Tamén se caracteriza por ter a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España (Ultramagic). Así que Igualada poderíase definir como "a cidade do téxtil, a pel e os globos aerostáticos".
Historia O topónimo procede do latín, combinando os lexemas aqua, aquae, "auga" e mais latus, lata, latum (supino do verbo fero, fers, ferre, tuli, latus, "levar"). Así o significado de Aqua Lata sería "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares. A vila aparece citada en 1188 como (Cartulario de Sant Cugat, III 814). O resultado fonético sería Aigualada, con aférese do a ao ser considerada erroneamente unha preposición (2000): Los topónimos: sus blasones y trofeos (la toponimia mítica). Madrid, Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512795. Páx. 186..
Inicialmente foi un pequeno núcleo de poboación apuntado en 1003, no que se fai referencia a unha igrexa dedicada a Santa María, relacionada co Mosteiro de Sant Cugat. Igualada quedou circunscrita entre os límites do dominio feudal de Ódena e os señoríos de Montbui e Claramunt, atravesada polo antigo camiño de Barcelona a Lleida.
As primeiras murallas que se coñecen datan, probablemente, do século XII, que se ampliaron no século XIV coa intención de incluír as construcións do sol poñente, o Raval de Capdevila. Unha terceira expansión das murallas levou a cabo no século XV, con 36 torres e 10 portas. Estas murallas permaneceron ata o século XVIII.
Cara a finais do século XVIII edifícanse os barrios de Sant Agustí e La Soledat, (fóra das murallas). E neste mesmo século constrúense as novas curtidorías. En 1925 Igualada amplía o seu termo municipal comprando os terreos a Òdena, o que lle permitiu unha expansión posterior. A inmigración peninsular, durante o franquismo, provocou a creación de novos barrios obreiros como o de Fátima, Santo Cristo e Montserrat.
En 1984 aprobouse o Plan Especial de Mellora Urbana (Les Comes), que propiciou unha área residencial na zona norte da cidade, aprobándose, en 1988, a súa ampliación. Nos últimos anos a cidade tamén creceu en dirección oeste coa construción das urbanizacións residenciais de Sant Jaume Sesoliveres e o Pla da Massa.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 10.442 13.885 16.945 27.94131.45132.51638.164
Economía Tradicionalmente a actividade principal de Igualada foi a industria téxtil, papeleira e de peles. Durante os últimos anos do século XX e inicios do XXI, o sector téxtil padeceu unha gran crise. Con todo, hai empresas de moda que acertaron coa estratexia e adaptáronse aos cambios do sector como Buff, Sita Murt, Punto Blanco, Messcalino ou Escorpión.
A tradición adobeira de Igualada converteuna nun recoñecido centro de estudos relacionados co curtido e adobe de peles, que actualmente son impartidos na Escola d'Enginyeria d'Igualada, centro universitario público adscrito á Universidade Politécnica de Cataluña. O centro ofrece tamén os graos en Enxeñería química e Enxeñaría en Organización industrial.
Lugares de interese 250px|miniatura|Cemiterio de Igualada 250px|miniatura|Paseo Mossèn Jacint Verdaguer Museo da Pel de Igualada e Comarcal do Anoia Museo do Traginer Igrexa de Santa Maria Cemiterio Novo Asilo do Sant Crist Edificios modernistas
Transporte A A-2 é a vía principal situada no norte que comunica Igualada en coche. Tamén no norte está a C-37 que comunica con Manresa. Ao sur atópase a C-15 que comunica con Vilafranca del Penedès. Tamén hai conexión coa Liña Llobregat-Anoia dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, coa Estación de Igualada.
A dous quilómetros de Igualada atópase o Aeródromo de Igualada-Òdena General Vives, que se transformará proximamente no Aeroporto Corporativo Empresarial de aviación privada con capacidade para operar con voos de curta, media e longa distancia, na súa maioría en Europa e España. No aeródromo atópase a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España, e a segunda do mundo por cifra de negocios: Ultramagic.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial do concello Guía urbana da cidade de Igualada Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya