A Spaßguerilla (guerrilla da diversión) foi un grupo no movemento das protestas estudantís da década de 1960 en Alemaña que reivindicaban un cambio social, en concreto unha sociedade máis libertaria, menos autoritaria e menos materialista, usando técnicas que se caracterizaban polo humor irrespectuoso e provocativo e polas accións irrespectuosas de mínima violencia.
Accións, tácticas e actitudes Os actos organizados por estes grupos incluían accións como atacar os políticos ou a policía con tortas de crema. Un dos maiores representantes foi Fritz Teufel, ó que ás veces se fai referencia coma o pallaso da Oposición Extraparlamentaria. A falta de respecto polas tradicións, a burguesía, as formas represivas de autoridade e o ritual, contrarrestadas pola ironía e o humor foron tipificadas por unha resposta de Fritz Teufel a un xuíz durante un xuízo: "Se isto axuda á busca da verdade" (Wenn es der Wahrheitsfindung dient).
As tácticas e actitudes desta agrupación na que se atopaba Fritz Teufel contrastaban coas acción máis serias e cheas de retórica revolucionaria doutros grupos que se atopaban arredor do SDS e xente coma Rudi Dutschke. miniatura|Wolfgang Lefèvre (1968). As tácticas da spaßguerilla caracterizábanse pola desobediencia civil, violencia simbólica (máis que real), provocación da autoridade, usando accións do estado "autoritario", como mitins, como oportunidades para "desenmascarar" tradicións desfasadas.
Foi Wolfgang Lefèvre o que dixo que cada manifestación debería planearse para diversión dos participantes.
Mentres Rudi Dutschke falaba da "Stadtguerilla" (guerrilla urbana), Fritz Teufel falaba da "Spassguerilla" (guerrilla da diversión).
Outras estruturas semellantes
As formas de protesta provocativa e irrespectuosa inventadas pola spaßguerilla foron adoptadas despois polo movemento pacifista da década de 1980. e máis tarde polos movementos de protesta xuvenís na Alemaña reunificada
Formas similares de manifestarse foron adoptadas polos ciber-activistas ("hacktivists" ).
A palabra Spassguerrilla A forma normal en alemán é Spaßguerilla, Fritz Teufel usaba Spaßgerilja e isto converteuse no que se coñece como "teuflische Schreibweise" (un xogo de palabras que significa ortografía "Teufeliana" ou "ortografía diabólica", Teufel en alemán significa demo). Algúns manteñen esta forma, incluíndo estudosos. O uso do "ss" en troques do "ß" fai un "a" curto, facendo que a palabra soe máis coma ''Stadtguerilla" (guerrilla urbana).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Provo
Categoría:Activismo social