Olot é un municipio e localidade da provincia de Xirona, en Cataluña, que conta cunha poboación de 37 975 habitantes (INE 2023).
Características É a capital da comarca da Garrotxa especialmente coñecida polos seus lugares de interese natural; non en balde todo o seu termo municipal atópase dentro do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Os volcáns máis coñecidos e visitados son o de Santa Margarida, Croscat e o Volcán Montsacopa (tamén coñecido como San Francisco).
O croscat é famoso debido a que o terreo está "cortado" e pódense apreciar perfectamente os estratos xeolóxicos), atopándose ao seu pé o Xardín Botánico de Vexetación Natural Olotina.
Tamén esperta un grande interese a "Fageda d'en Jordà", un inmenso bosque de faias exquisito para perderse e pasear, tanto a pé como en bicicleta, dacabalo ou en carruaxe. Cabe mencionar a arte e a industria de estatuaria cristiá que desde o século XIX estableceuse por toda a cidade, sendo o máximo representante a Arte Cristiá, fundado por Marià Vayreda e existente hoxe día, onde traballaron os notables escultores Miquel Blay e Josep Clarà.
Gastronomía Un dos segredos de Olot é a súa cociña, chamada "Cociña Volcánica". Unha das súas mellores e máis coñecidas receitas son as patacas de Olot.
Notas