A Società Sportiva Teramo Calcio é un club de fútbol italiano da cidade de Téramo (nos Abruzos). Foi fundado en 1913 (e refundado en 2008) e actualmente compite na Lega Pro Seconda Divisione, tras ascender na tempada 2011–12.

As cores do equipo son vermello e branco.

Historia Tras varias tempadas na Serie C1, o equipo tivo dificultades no 2006–07, rematando en 15 lugar e forzado a xogar unha eliminatoria de promoción. O equipo perdeu (4–2) co AC Ancona, que ocupou a súa 15ª posición, polo que o Teramo Calcio foi descendido á Serie C2.

Na tempada 2007–08, o equipo finalizou 8º na Serie C2/B, pero foi forzado a declararse en quebra ao final da tempada. O equipo foi refundado para a tempada 2008–09, e foi inscrito na Promozione - Abruzzo - Girone A, o sétimo nivel do fútbol italiano, substituíndo o clásico nome de Teramo Calcio por Società Sportiva Dilettantistica Real Teramo. Nesta tempada o equipo resultou campión, ascendendo a Eccellenza Abruzzese. Na campaña 2009–10 resultou campión da categoría, ascendendo a Serie D, división no que quedou segundo clasificado na tempada 2010–11, quedando citado para o playoff de ascenso. Tras pasar a primeira eliminatoria contra o Jesina Calcio (1–0), caeu na final ante o AC Rimini 1912 (1–3).

Na tempada 2011–12 resultou campión da Serie D, logrando o ascenso a Lega Pro Seconda Divisione.

Xogadores Cadro actual Datos do 17 de setembro de 2010.

Xogadores famosos border|20px Saidu Alade Adeshina border|20px Daniel Baldi border|20px Renato Rafael Bondi border|20px Moris Carrozzieri border|20px Adewale Dauda Wahab border|20px Luca Ferri border|20px Fabio Grosso border|20px Matteo Momentè border|20px Florian Myrtaj border|20px Daniel Ola border|20px Simone Pepe border|20px Federico Turienzo

Palmarés Serie D (3): 1973–74, 1993–94, 2011–12 Serie C2 (2): 1985–86, 2001–02

Véxase tamén Ligazóns externas Website oficial Páxina non oficial

Categoría:Teramo Calcio