Pi é o nome da décimo sexta letra do alfabeto grego (πῖ); equivale ao /p/. Minúscula π, maiúscula Π. Adoita transcribirse como p. Provén da letra do alfabeto fenicio pe’.
Outros usos A letra pi está relacionada con números en distintos eidos:
Como signo numérico, de xeito análogo á xematría hebraica ou ao sistema romano de numeración, no sistema grego representaba o oitenta.
En maiúscula serve tamén para designar o décimo sexto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo sexto da Odisea. En xeometría e outras ciencias, o símbolo π representa a constante matemática que define a relación entre a circunferencia e o seu diámetro, cuxo valor aproximado é 3,141592... Esta notación foi popularizada no século XVIII, aínda que o concepto e o cálculo do número pi datan de moitos séculos antes.
Véxase tamén Alfabetos gregos arcaicos Alfabeto greco-ibérico Alfabeto cirílico
Categoría:Letras gregas