O lapis do carpinteiro (en ) é un filme galego dirixido por Antón Reixa baseado na novela homónima de Manuel Rivas. O filme conta unha historia ambientada durante a guerra civil española en Galiza. Obtivo os premios, o mellor actor e o do público, no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (2004).
Sinopse Daniel Da Barca é un xove médico e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas na Galicia de 1936. A súa moza, Marisa Mallo, filla dun coñecido oportunista reaccionario, loita dende fóra para devolverlle a liberdade. A testemuña do seu amor é Herbal, un apoucado carcereiro que asiste entre atónito e furioso ás historias e conversas que manteñen os presos para facer máis levadora a súa condena. Moitos presos son fusilados clandestinamente; axiña chegará a quenda de Daniel e será de novo Herbal quen, vítima e verdugo dos seus propios medos, se debata entre a violencia e a conciencia.
Personaxes Tristán Ulloa como Daniel Da Barca Luís Tosar como Herbal María Adánez como Marisa Mallo Carlos Blanco como Pintor Nancho Novo como Zalo María Pujalte como Beatriz Manuel Manquiña como Benito Mallo Anne Igartiburu como Madre Izarne Maxo Barjas como Laura Carlos Sobera como Landesa Serxio Pazos como Sarxento Somoza Xosé Manuel Esperante como Boldemir
Galardóns e nomeamentos 2004: XIX edición do Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, Arxentina. Premio ao mellor actor (Luís Tosar) e premio do público. 2004: Festival Cinespaña de Tolosa. Filme máis votado polo público.
Véxase tamén Ligazóns externas O lapis do carpinteiro en AVG
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Antón Reixa Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de Morena Films Categoría:Filmes sobre a guerra civil española Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego