La teta asustada é un filme peruano dirixido por Claudia Llosa. O filme é unha coprodución entre o Perú e España e foi estreado na edición de 2009 do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde obtivo o Oso de Ouro e o Premio da Crítica FIPRESCI. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, converténdose no primeiro filme peruano en ser nomeado na categoría. Está protagonizado por Magaly Solier e aborda os temores das mulleres maltratadas durante a historia recente do Perú.

Personaxes Magaly Solier como Fausta Isidora Susi Sánchez como Aída Marino Ballón como tío Lúcido Efraín Solís como Noé Bárbara Lazón como Perpetua María del Pilar Guerrero como Máxima Delci Heredia como Carmela Karla Heredia como Severina Fernando Caycho como Melvin Edward Llungo como Marcos Marco Antonio Ramírez como Soldadito 3 Doris María Ramírez como Soldadito 4

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados por Claudia Llosa Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro