José Cerviño Cerviño, nado en Aldán (Cangas de Morrazo) o 21 de agosto de 1920 e finado en Vigo o 18 de abril de 2012, foi un bispo católico galego.

Traxectoria Ordenouse sacerdote en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1946. Ocupou diversos cargos como sacerdote, entre eles o de crego da parroquia urbana de San Miguel dos Agros en Santiago de Compostela, e despois foi reitor do Seminario Arquidiocesano.

O 4 de xuño de 1968 o papa Paulo VI nomeouno bispo titular de Benepota e bispo auxiliar de Santiago de Compostela, do que era titular o cardeal Quiroga Palacios, e recibiu a ordenación episcopal o 28 de xullo dese ano. Trala morte do arcebispo en decembro de 1971, ata abril de 1973 rexeu a arquidiocese coma vicario capitular, é dicir, coma bispo en funcións.

O 20 de maio de 1975 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Tui-Vigo. Tomou posesión, por procurador, o 9 de xuño de 1975, e ocupou a súa praza o 21 dese mesmo mes. O 8 de novembro de 1976 Paulo VI nomeouno bispo de Tui-Vigo. Coma tal, tomou posesión da diocese na catedral de Tui o 18 de decembro de 1976.

Logo de vinte e un anos de servizo nesa diocese, renunciou ao seu cargo en 1995, ao acadar a idade de xubilación, pero non lle foi aceptada ata o 7 de xuño de 1996. Dende ese día ata o 14 de xullo do 1996, cando tomou posesión o novo bispo, rexeu a diocese coma administrador apostólico. A partir desa data quedou como bispo emérito.

Está enterrado na Capela do Santísimo da Catedral de Tui.

Sucesión apostólica

José Cerviño Cerviño (1968) Fernando Quiroga Palacios (1946) Antonio García García (1930) Federico Tedeschini (1921) Giacomo della Chiesa (1907) Giuseppe Melchiorre Sarto (1884) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541) Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Bispos da diocese de Tui-Vigo Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Vigueses distinguidos