miniatura|300px|Ave Caesar Morituri te Salutant de Jean-Léon Gérôme. Ave, Caesar, morituri te salutant (en galego, "Emperador, os que imos morrer desexámosche saúde") é unha expresión latina que aparece na obra de Suetonio, De vita Caesarum liber V, (Divo Claudio, XXI, 6).Bibliotheca Augustana .
Contexto histórico O emperador romanoNesta locución, Caesar ("César") refírese ao título dos emperadores romanos e polo tanto trátase do emperador Caudio. Claudio tiña unha grande afección aos xogos do anfiteatro e a todas as súas manifestacións, tanto aos que enfrontaban persoas entre si, como os xogos de gladiadores, ademais doutros como cacerías e naumaquias.
Fontes A única cita escrita contemporánea é a que recolle Suetonio en De vita Caesarum liber V:
Na expresión Ave, Caesar, morituri te salutant, a palabra Ave quere dicir "o saúdo", "a benvida", desexando saúde á persoa á que se dirixe. O mesmo que o verbo salutant, que ten a mesma raíz que a palabra "saúde", e ten que ver con "salvación". Para entender o episodio que narra Suetonio na biografía do emperador Claudio hai que ter en conta esta etimoloxía: o que lle din os loitadores é que desexan que o Emperador Claudio teña saúde. Como Claudio lles responde que tamén lla desexa a eles póñense contentos porque entenden que está a indultalos, xa que as loitas que se facían tanto nos anfiteatros como nas naumaquias eran a morte.
Notas
Categoría:Locucións latinas