Dana Wynter, nada en Berlín o 8 de xuño de 1931 e finada en Ojai, California o 5 de maio de 2011, foi unha actriz alemá, cunha longa carreira internacional iniciada na década de 1950.
Traxectoria Educouse en Inglaterra e na adolescencia foi vivir a Suráfrica, iniciando estudos de Medicina na Universidade Rhodes. En 1956 recibiu un Globo de Ouro á mellor actriz revelación, en conxunto con Anita Ekberg e Victoria Shaw. En 1981 divorciouse do seu marido, Greg Bautzer, con quen tivo un fillo, Mark Ragan Bautzer, nado o 29 de xaneiro de 1960.
Filmografía The Crimson Pirate (1952) (como Dagmar Wynter) The View from Pompey's Head (1955) Invasion of the Body Snatchers (1956) D-Day the Sixth of June (1956) Something of Value (1957) Fräulein (1958) In Love and War (1958) Shake Hands with the Devil (1959) Sink the Bismarck! (1960) On the Double (1961) The List of Adrian Messenger (1963) Companions in Nightmare (1968) Airport (1970) Santee (1973)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas IMDb.com .
Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Berlín