Xosé Lois Maceda Vilariño, nado en Lugo o 30 de decembro de 1965, é un político galego militante no BNG alcalde, dende 2007, da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo.
Traxectoria Veterinario de profesión. É alcalde da Pobra do Brollón dende 2007, posto ó que accedeu tras o acordo do BNG e o PSdeG-PSOE nas eleccións municipais do 2007, que desbancaron ao PPdeG da alcaldía do concello. En 2011 volveu ser elixido alcalde ao ser a forza máis votada, logrando tamén o apoio dun dos dous concelleiros socialistas. En 2015 a súa formación acadou a maioría absoluta, con 5 dos 9 concelleiros e en 2019 ampliouna, logrando 6 edís dos 9 da corporación e mantivo a maioría absoluta nas eleccións de 2023 malia que houbo certa polémica cando reclamou o 6º concelleiro, pois, segundo o alcalde e o seu partido, a Xunta electora de Zona atribuíu erroneamente 113 do BNG ao PSdeG-PSOE.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Pobra do Brollón
Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes da Pobra do Brollón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1965