Ángel Lafita Castillo, nado en Zaragoza o 7 de agosto de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Al Jazira Club.
Traxectoria A maior parte da súa carreira deportiva está ligada ao Real Zaragoza onde debutou na xornada 1ª da tempada 2005−06, nun partido que enfrontaba ao Atlético de Madrid e ao Real Zaragoza (0−0). Familiarmente tamén está relacionado con outros dous exzaragocistas, pois é fillo de Juan Ángel Lafita Garrido e sobriño de Francisco Javier Pérez Villarroya. O seu irmán, Ignacio, tamén é futbolista.
As súas condicións como xogador son as dunha torre de case 1,90 metros, gran velocidade e moira chegada á área. No ano 2007, Lafita foi traspasado ao Deportivo da Coruña, gardándose o Real Zaragoza unha opción de recompra para as tres seguintes tempadas.
Durante a súa primeira tempada no Dépor, e tras realizar unha discreta primeira volta, firmou grandes actuacións contra diversos clubs que conseguiron que adquirise o recoñecemento da afección. Na segunda volta marcou tres goles máis. Na súa segunda campaña como branquiazul, despois de superar unha apendicite volveu marcar un gol contra o Valencia CF e na xornada seguinte contra o Numancia. Máis tarde marcaría dous goles máis fronte ao Real Betis.
Na tempada 2008−09 foi clave nos esquemas de Miguel Ángel Lotina, converténdose, a final de tempada, no máximo goleador do equipo coruñés con 8 tantos. Tras as súas destacadas actuacións na Liga BBVA o seleccionador nacional, Vicente del Bosque, pensou en convocalo para a selección española. Clubs importantes como o Liverpool FC ou o Atlético de Madrid seguiron durante a tempada detalladamente a progresión de Ángel Lafita de cara a unha futura incorporación.
O 31 de agosto de 2009, a falta duns minutos para o peche do mercado de fichaxes, o Real Zaragoza fixo efectivo un pago de 2 millóns de euros polo xogador para exercer a súa opción de recompra, pero o Deportivo negouse a traspasalo alegando que o pago debía ser de 3,5 millóns de euros máis IVE. Isto provocou o enfrontamento entre as directivas de ambos clubs que interpretaban dita cláusula de diferente xeito tanto nas datas como nas cantidades que se debían aboar. O 15 de setembro a LFP decidiu que o Real Zaragoza era o club que tiña de forma provisional os dereitos sobre o xogador, aínda que non especificou en primeira instancia o custo final que tería a operación, que era o principal desacordo entre os dous clubs. Tras o recurso presentado polo Deportivo ante o comité de licenzas da LFP, este decidiu finalmente o 28 de setembro darlle definitivamente a razón ao Real Zaragoza, e o xogador foi presentado no estadio de La Romareda ao día seguinte.
O 29 de maio de 2012 o presidente do Getafe CF Ángel Torres anunciou a fichaxe de Lafita cun contrato por catro anos."El Getafe hace oficiales los fichajes de Abraham y Lafita"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Al-Jazira Club