Blagoveshchensk (ruso Благове́щенск) é unha cidade de Rusia, capital da provincia de Amur no extremo oriente ruso. Tiña 219.221 habitantes en 2002.
Historia
A cidade fundouse en 1856 con funcións militares, favoreceu o seu desenvolvemento a carreira do ouro nos primeiros anos do século XX e a proximidade coa China, da que está separada polo río Amur, Heihei é a cidade chinesa que está na outra beira do río.
Categoría:Cidades de Rusia