Milán (; ) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Historia Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.
Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.
Medhelanon celta Máis aló do mito e a lenda, semella que cara ao 600 aC os ínsubros de Golasecca, pobo celta que habitaba ao pé dos Alpes, fundaron na chaira onde se cruzaban as rutas entre o norte da cadea montañosa e o Mediterráneo coas que seguían o val do río Po, un santuario no centro (medhelan), lugar sacro de reunión nas festividades célticas. Seica unha elipse arredor da actual Praza da Scala (ao norte do Duomo), orientada segundo eixos astronómicos, podería ser o límite arborado do santuario (nemeton) .
Restos arqueolóxicos posteriores indican (IV século a.C.) xa un poboamento ao suroeste do santuario (arredor da actual biblioteca Ambrosiana) que vai gañando importancia a medida que os centros dos ínsubros ao pé dos Alpes.
No século III aC o santuario transformouse en oppidum ao protexerse cun muro gálico. Un templo dedicado a Grande Nai Belisama (despois Minerva romana) podería situarse na zona da actual Praza do Duomo. O conxunto urbano xa exercía un papel central na rede comercial dos ínsubros.
Mediolanum romana
Entre o -222 e o -194 produciuse a conquista e sometemento definitivo dos ínsubros aos romanos que a chaman Mediolanum. Pero non vai ser ata despois da centuriación do -80 cando se levou a cabo unha romanización da cidade. Primeiro, cara ao 70 aC, cunha delimitación simbólica e seguindo os eixos cardinais segundo o costume romano e a orientación da centuriación e por tanto, semella que sen respectar os da elipse sacra céltica, inda que as vivendas se sitúan na mesma área que as ínsubras . Entre este e a elipse (actual praza Cordusio) eríxese a curia e capitolio.
En tempos de Augusto lévase a cabo unha refundación cunha traza corrixida. Desta vez levántase unha verdadeira muralla con seis portas e o cardo e decumanus máximos seguen a orientación que tiña a cidade celta (a das antigas vías principais da rexión). A xa capital da Galia Cisalpina conta cun foro (actual Ambrosiana), teatro, templos e escola de retórica . No ano 98, baixo Traxano, enriquécese cun pazo real e termas e iníciase a construción dun grande anfiteatro ao sur, fora de murallas. A cidade era ademais un centro de estudos superiores.
Capital do Imperio Romano de Occidente e centro paleocristián
Paradoxalmente, a medida que no século III o imperio entraba en descomposición a situación de Mediolanum facíase máis estratéxica e o seu protagonismo creceu. No 286 Diocleciano divide o imperio (tetrarquía) e a cidade convértese en capital do tetrarca Maximiano Ercúleo (augusto de Italia e África). O incremento de poboación que representou a inmigración da burocracia imperial precisaron da ampliación da cidade polo nordeste (Regio Hercúlea). Novo tramo de murallas con tres portas máis e grandes termas. No suroeste eríxese un circo e unha nova área pacega.
No 313 o emperador Constantino co Edicto de Milán concede ao cristianismo a liberdade de culto e mesmo impulsa a construción das primeiras basílicas paleocristiás: a Basílica Igrexa (Vella, 314) na actual Praza do Duomo onde se atopaba o templo de Minerva. No 343 o seu fillo Constante erixe fronte a ela a Basílica Maior ou Nova (no medievo Sta. Tegra). Neste complexo catedralicio celebrouse o Concilio de Milán que levou ao cisma do arianismo.
No 374 é consagrado Santo Ambrosio coma bispo de Milán. Inicia unha ampla labor edilicia (despois de que Teodosio o Grande declarara ao cristianismo coma relixión oficial do imperio) cunha coroa de catro grandes basílicas que arrodean as murallas da capital: San Nazaro na gran via porticata (decumanus maximus, vía de Roma) que terminaba cun arco triunfal, San Simpliciano, Basílica do Salvador (desaparecida) e a propia Basílica de San Ambrosio.
Invasións bárbaras e alto medievo
A ameaza das invasións barbáricas fai que no 402 a capitalidade do imperio de occidente se traslade a Rávena. Comezan dous séculos de saqueos e empobrecemento. No 569 o rei longobardo Alboino entra en Milán, pero a capital do seu reino ficaba en Pavía. Nos séculos VII e VIII, coa conversión dos longobardos ao cristianismo, a cidade foi reconstruída: igrexas, murallas, rúas, acueduto. Os bispos recuperaron a autoridade e de feito, ante a baleiro de poder civil, acadaron por séculos esa tarefa tamén.
No 774 son os francos os novos gobernantes da rexión. No 822 a antiga Basílica Vetus é substituída por unha nova catedral carolinxia, Sta. María Xemale. Milán é sede dun conde imperial e a expansión do comercio con Francia dá pulo a aparición dunha nova clase de cidadáns (comune) contraposta aos cabaleiros feudais.
Esplendor medieval e renacente: os Visconti e os Sforza miniatura|Milán no tempo de Barbarroxa (recreacción do s.XVIII)
Dende metade do século XI co bispado de Ariberto da Intimiano, o Comune de Milán da inicio ao período áureo da súa historia. Fundamentado nunha influencia sobor da enteira Lombardía e unha progresiva independencia do Sacro Imperio, o florecemento da vida económica deu lugar ao construtivo polo grande incremento poboacional.
Así, no 1075 comeza a reconstrución nun fermoso románico lombardo da basílica de San Ambrosio con bóveda de cruceiro e triforio. Entre 1156 e 1171, no medio da loita contra o emperador Frederico Barbarroxa, a cidade protéxese cun novo cinto murario .
No 1277 Ottone Visconti inaugura dous séculos de preeminencia da súa familia coma señores e duques de Milán. Será o seu sucesor Gian Galeazzo Visconti quen a finais do século XIV dea comezo á obra cume, símbolo da cidade, dun excepcional gótico tardío cuxa construción se estenderá ata o XIX: o Duomo. No lugar que dende época céltica sempre acollera o templo da divindade do tempo, para a súa erección foi preciso derrubar progresivamente o complexo catedralicio paleocristián e carolinxio (Sta. María Xemale e Sta. Tecla).
En 1450 Francesco Sforza faise co Ducado de Milán iniciando unha nova dinastía ao seu fronte. De inmediato reconstrúe a fortaleza que os Visconti erixiran na Porta Giovia da cidade (dende 1360). O Castelo Sforzesco vai seres outra peza clave da configuración urbana da capital lombarda. Da man de Filarete que tamén proxectará o Ospedale Maggiore o renacemento arriba a Milán. E de seguido con grandes figuras: Leonardo da Vinci e sobre todo Bramante (Sta. María presso San Satiro; ábsida de Sta. María delle Grazie, igrexa onde Leonardo pinta a súa "Última Cea").
Dominio español, austríaco e napoleónico miniatura|Murallas españolas (o N á dereita)
No século XVI as potencias europeas comezan a disputarse a multiplicidade de dominios nos que Italia atopábase dividida. Dende 1535 o Ducado de Milán pasa a seres administrado polo Imperio Español ata o século XVIII. O máis notable para a cidade foi a construción dun novo cinto murario (1550-60). O medieval foi pouco a pouco derrubado nos séculos sucesivos permanecendo o seu foso coma cerco de canais navegables (os Navigli).
Durante o dominio austríaco o progreso foi máis cultural que económico. Entre outras institucións fúndanse a Academia de Belas Artes (futura Pinacoteca di Brera) e sobre todo o Teatro alla Scala (1778, no lugar do orixinal medhelan sagrado celta), o máis importante escenario do bel canto e a ópera en xeral.
No breve interludio napoleónico (1796-1814), o xeneral francés a converte en capital do seu efémero Reino de Italia. Napoleón remata a fachada do Duomo e elabora un grandioso plan arredor do Castelo Sforzesco, o chamado Foro Bonaparte, que inda que endexamais completado deixou a súa pegada na traza desa parte da cidade (futuro Parque Sempione)milano/download/carta_1801.jpg.
Historia contemporánea O Presidente do Tribunal de Milán Carlo Biotti en 1971 opúxose con firmeza ás fortes presións, esixindo a toda costa a exhumación do cadáver de Giuseppe Pinelli para garantir a plena verdade dos feitos. Esta decisión custoulle o afastamento do cargo e someteuno a varias acusacións, converténdoo nun símbolo de independencia e de resistencia civil da maxistratura milanesa contra calquera presión política.
Un episodio que quedou como emblemático testemuña o apoio recibido por parte da sociedade civil: Biotti, xa suspendido do cargo, ao entrar nun cinema ateigado de Milán, foi recibido cun estrondoso aplauso no que todos os espectadores se puxeron en péTreccani, voz Carlo Biotti, Enciclopedia on-line, Istituto della Enciclopedia Italiana., consagrándoo como unha icona da loita pola xustiza e auténtico símbolo dunha maxistratura incorruptíbel para todos os cidadáns.
Demografía
+Habitantes segundo país 25px Italia 1,299,633 25px Filipinas 28,020 25px Exipto 22,947 25px Ecuador 12,343 25px Sri Lanka 10,600 25px Marrocos 6,670 25px Albania 4,526 25px Francia 3,332 25px Bangladesh 2,534 25px Eritrea 2,315 25px Alemaña 1,933 25px Reino Unido 1,781 25px Senegal 1,778 25px España 1,488 25px Tunisia 1,410 25px Mauricio 1,313 25px Estados Unidos 1,013 Grupos étnicos No censo do 2007 polo seu grupo étnico 153 países.
Relixión Milán é fogar de numerosas comunidades budismo, cristianismo e islam.
Monumentos A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construída en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada até o século XIX. A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II). O Teatro da Scala (Teatro alla Scala). O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco). O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale). A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construída entre os anos 379 e 386. O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana. Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.
Galería
Demografía A comuna ten 1 324 110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7 400 000 (segundo a OECD).
É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh. Deportes
Fútbol A cidade ten dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro: 25px|AC Milán AC Milan (18 Scudettos e 7 Copas de Europa) 25px|FC Internazionale FC Internazionale (20 Scudettos e 3 Copas de Europa)
Outros deportes Baloncesto - Olimpia Milano Ciclismo - Giro de Italia, Milán-San Remo Rugby - Amatori Milano Fórmula 1 - Circuíto de Monza
Notas
Véxase tamén El Biscella
Ligazóns externas Páxina web da cidade de Milán
Categoría:Milán