Jacques René Chirac, nado en París o 29 de novembro de 1932 e finado o 26 de setembro de 2019, foi un político francés que foi presidente de Francia e copríncipe de Andorra dende o 17 de maio de 1995 ata o 16 de maio de 2007. Anteriormente fora Primeiro Ministro francés entre 1974 e 1976 e dende 1986 ata 1988, e alcalde de París entre 1977 e 1995.
En 1959 tras completar os seus estudos na Escola Nacional de Administración, entra ao servizo da administración, e axiña comeza a súa carreira política, na que ocupou postos de alta responsabilidade como ministro de economía, primeiro ministro e ao cabo presidente de Francia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Política de Francia Historia de Francia
Categoría:Presidentes de Francia Categoría:Primeiros ministros de Francia Categoría:Copríncipes de Andorra Categoría:Alcaldes de París Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Alumnos da Escola Nacional de Administración Categoría:Alumnos do Instituto de Estudos Políticos de París