miniatura|dereita|En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro, refrán popular galego. O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Divisións As sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican o tempo que vai facer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro etc. As resortes son os doce días seguintes, do 13 ó 24, e serven para ratificar ou contradicir ó prognóstico que anunciaron as sortes.Rafael Quintía, antropólogo: "En xaneiro sempre se fixo o rito das sortes para ver o tempo que imos ter todo o ano", La Voz de Galicia, 2.01.2024.
Ramón Piñeiro recolleu en Láncara o costume de colocar, o primeiro día de xaneiro, doce areas de sal sobre unha pedra e prognosticar, segundo a humidade que desprenda cada unha delas, a chuvia que caerá durante o mes correspondente.
Os pechos son os días 25 a 28 de xaneiro, e anuncian do mesmo xeito o tempo das estacións (primavera, verán, outono e inverno, respectivamente)
Crenzas e supersticións A lúa de xaneiro, chamada lúa morta, é a mellor para mata-lo porco. A lúa crecente seguinte será a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa, e no minguante seguinte para afumalo e curalo, se non se quere que críe vermes (Rodríguez López:128; Eladio Rodríguez, s. v. lúa). Nunca debe matarse con lúa chea porque o touciño se aluaría.
Tampouco se poden podar as viñas en xaneiro, segundo outros, porque a lúa morta deste mes as deixaría aterecidas coa xiada (Eladio Rodríguez, s. v. lúa).
Santo Amaro, o 15 de xaneiro, é avogoso contra a reuma. No Castro de Caldelas é en tal ocasión cando se proban os chourizos novos. Nesa mesma vila celébrase a Festa dos Fachós o 19 de xaneiro a véspera de San Sebastián.
Chámase fogo novo ó que se prende o día de Aninovo, utilizando a tal fin o da noite anterior (Eladio Rodríguez, s. v. fogo Indica que tal costume se segue "en varias comarcas gallegas", pero non concreta cales. Engade que esta cerimonia "se realizaba y aún se realiza con cierta solemnidad en las casas que mantienen viva la tradición".).
Literatura popular Locucións Andar á xaneira, Andar de xaneira/ de xaneiro: en sentido recto, estar unha gata en celo. Por extensión, dise dos mozos que andan pola noite buscando aventuras amorosas, como os gatos en celo. Andar ás celeiras coma as gatas xaneiras. Andar como os gatos en xaneiro.
Refraneiro miniatura|300px|A verdura en xaneiro sabe a carneiro A auga de xaneiro mata ó usureiro Eladio Rodríguez González, s. v. auga.No orixinal: i-auga (ERG).. A ferreña de xaneiro non vai ao palleiro. A ferreña de xaneiro non vai ao poleiro. A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro. A galiña no xaneiro pon no colmeiro. A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala. A perdiz no xaneiro caga pró escopeteiro. A pescada en xaneiro val por carneiro Lino Lema Bouzas, 2.. A raia en xaneiro sabe a carneiro. A verdura en xaneiro sabe a carneiro. As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro. As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán Fontán é lugar de Sada. San Sebastián é o 20 de xaneiro.. As verzas por xaneiro saben a carneiro. Auga de xaneiro astra a sega ten tempero No orixinal: hastr'a, tèn (ERG).. Auga de xaneiro, cada pinga val diñeiro . Auga de xaneiro, todo o ano ten tempereiro . Auga en febreiro, millor que en xaneiro . Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido. Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Cantos días pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro Eladio Rodríguez González, s. v. xaneiro.. Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro. Dazasete de xaneiro, San Antonio verdadeiro; día trece de San Xoán, San Antonio mentirán Elixio Rivas Quintas (1978). San Antón verdadeiro é San Antón Abade, o lacoeiro e protector dos animais; e San Antón mentirán é San Antonio de Padua, o de Lisboa, o casamenteiro.. Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro O libro do porco, 36.. De xaneiro a xaneiro, come carneiro. Día de Santa Inés chuvia unha soa vez É dicir, choverá todo o día. Santa Inés celébrase o 21 de xaneiro. Fonte: Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: dia, Sta. Ines, sòla.. Dios nos libre do polvo de xaneiro e do lodo de agosto Elixio Rivas Quintas (1978).. En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro. En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro Son as fases da vida do lobo. En xaneiro a faneca sabe a carneiro Lino Lema Bouzas, 4.. En xaneiro, a lebre co cu no lameiro. En xaneiro a raia val carneiro . En xaneiro, a vella saca as madeixas ó turreiro. En xaneiro, a verza é carneiro. En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro. En xaneiro bota ó obreiro, antes na sebe ca na parede, non polo día senón pola pedra que está fría. En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro. En xaneiro, camiseiro. En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro. En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro. En xaneiro, mete obreiro, antes na sebe que na parede. En xaneiro, mete obreiro . En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime ... e amoleime. En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro. En xaneiro, pon o alleiro . En xaneiro sabe o polbo a carneiro Clodio González Pérez, 142.. miniatura|300px|En xaneiro, sete lobos no carreiro En xaneiro, sete lobos no carreiro. En xaneiro, sete lobos polo carreiro. En xaneiro, trompos ó fumeiro. En xaneiro, vaite ó outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar. En xaneiro, verza vella val carneiro Esta preferencia polas verzas de xaneiro obedece a que os fríos deste mes, as xeadas das noites de xaneiro, curten as verzas e fannas máis saborosas. Eladio Rodríguez González, s. v. xaneiro. No orixinal: berza.. En xaneiro visita o outeiro: si ves verdegar ponte a chorar, si ves terrexar, ponte a cantar. En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro. En xaneiro, xéase a auga no caldeiro. En xaneiro xiadeiro non ha faguer a ovella máis pisada ca no rigueiro . Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro. Eu son o pito cairés, que naceu polo xaneiro; se o raposo me non come, hei de cantar no poleiro Eladio Rodríguez González, s. v. pito.. Eu son o pito do cairo, que nacin no mes de xaneiro, se o raposo non me come, he de cantar no poleiro. Gato do mes de xaneiro vale un carneiro. Inda non veu xaneiro pra poñe-lo pé diante do compañeiro. Lúa, a de xaneiro, amor, o primeiro. Lúa, a de xaneiro; e cariño, o primeiro. Lúa de xaneiro non tèn aparceiro. Lúa de xaneiro non ten compañeiro, senón a de agosto, que lle dá no rosto. Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Nadal, mollado; e xaneiro, ben xiado Eladio Rodríguez González, s. v. Nadal.. No menguante de xaneiro corta o teu madeiro. No mes de xaneiro rube ao outeiro, si ves verdexar ponte a chorar, si ves negrexar; ponte a beilar Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. No mes de xaneiro sobe ó outeiro. Se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar. No mes de xaneiro, súbete ao outeiro; se ves os teus campos verdexar, ponte a chorar; se terrexar, ponte a cantar Eladio Rodríguez González, s. v. xaneiro. No orixinal: ó outeiro, velos.Xosé Luís Franco Grande (1972).. No mes de xaneiro súbete ó outeiro, se ves terrexar bótate a cantar, e se ves verdexar, bótate a chorar. No xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro. No xaneiro pon o sombreiro. Non hai amor coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro. Non hai amor firme coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro. Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senón a de agosto, que lle dá no rostro. Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro. O año de xaneiro é o millor carneiro. O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro. O boi e o leitón, en xaneiro crían riñón O libro do porco, 38.. O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás. O madeiro pra túa casa, córtao no xaneiro. O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor. O pito de xaneiro, coa súa nai sobe ó poleiro . O polo de xaneiro, no San Xoan xa está comedeiro Eladio Rodríguez González, s. v. polo.. O polo de xaneiro polo san Xoán está comedeiro. O polo de xaneiro vale carneiro. O polo de xaneiro, polo San Xoán está comedeiro. O polo en xaneiro, coa sua nai sobe ó poleiro . O que en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns. O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña. O que queira comer morriña, coma en xaneiro carneiro i en maio galiña. O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro. miniatura|300px|Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro O Santo Antón verdadeiro é o dazasete de xaneiro. O sol de xaneiro non ten compañeiro. O vinte e un de xaneiro, unha hora por enteiro. Obreiro en xaneiro, pan che comerá e obra non fará. Ollomol de xaneiro vale un carneiro Lino Lema Bouzas, 7.. Os amores de xaneiro son os que enfrían primeiro. Os pitos de xanerio, pouquiños van ó poleiro . Para a túa casa o madeiro córtao no xaneiro. Picoreiro súbete ó picouto, e se no mes de xaneiro veres verdegar, bótate a chorar, e se os ves queimados, ponte a bailar. Pito de xaneiro non vai coa sua nai ó poleiro. Pito de xaneiro, vai coa súa nai ó poleiro . Poda en xaneiro, vindima no sombreiro Refraneiro do viño, 54.. Polo aninovo púxome a pita un ovo, e polos Reis xa tiña seis Eladio Rodríguez González, s. v. pita.' Polo de xaneiro, cada pruma val diñeiro . Polo río abaixo vai un pexegueiro que bota pexegos no mes de xaneiro. Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado Santo Amaro, 15 de xaneiro. Polo San Antón, xa a galiña pon Juan Antonio Saco y Arce: Literatura popular de Galicia, 1881. Ed. De J. L. Saco, Ourense.Eladio Rodríguez González, s. v. galiña.. Polo santo Antón xa a galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala. Polo san Martiño, trompos ó camiño, e polo santo Amaro, trompos ó tellado. Polo san Sebastián coida o teu fabal. Polo san Sebastián coñez o día o pailán Alude ó crecemento dos días que a esas alturas a o nota calquera. Polo san Sebastián laranxiñas na man. Polo san Sebastián medra o día o paso dun can. Polo san Vicente perde o inverno un dente San Vicente, 22 de xaneiro.. Polo san Vicente ten o día unha hora máis, metá pola mañán, metá polo serán. Polo san Vicente perde o inverno un dente. Polo san Vicente toda a auga é semente. Por santo Amaro, trompos ó faiado. Por santo Amaro, trompos ó tellado. Por santo Antón, a galiña pon. Por santo Antón, trompos ó caixón. Por san Sebaschán, a laranxa na man. Por san Sebastián algueira o pailán. Por san Vicente da Roda medra o día unha hora. Por san Vicente pon os nabos da semente. Por san Vicente, unha hora de creciente. Por san Xulián medra o día un pasiño de can San Xián ou Xulián, 9 de xaneiro. Por san Xullán adianta o día o paso dun can. Porca de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro. Porco de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro. Prá túa casa, o madeiro cortado sempre no xaneiro. Pra túa casa, o madeiro córtao no xaneiro. Queimemo-lo loureiro no mes de xaneiro. Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro. Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro. Quen ora en xaneiro, ora para o ano enteiro.