O Premio ao Xogador Máis Deportivo da NBA (NBA Sportsmanship Award ou Joe Dumars Trophy, por ser o primeiro gañador) é nomeado cada ano pola NBA dende 1996 ao jugador máis deportivo, de mellor conduta e máis honrado na pista. Este premio é comparábel ao Trofeo Lady Byng da NHL. Cada ano, os 30 equipos da NBA nominan a un dos seus xogadores para competir polo galardón. Deses 30, 6 xogadores, un por división, son seleccionados por un grupo coma os Xogadores Máis Deportivos da división. Ao final da tempada regular, os xogadores da NBA realizan o seu voto; 11 puntos polo primeiro posto, 9 polo segundo, 7 polo terceiro, 5 polo cuarto, 3 polo quinto e un polo sexto. O xogador con maior suma de puntos totais, sen importar os votos de primeiro posto, é o gañador do premio. O vencedor recibe o Trofeo Joe Dumars, nomeado en honor ao ex xogador de Detroit Pistons e gañador inaugural do premio.

Nos seus 12 anos de historia, só Grant Hill gañouno en máis dunha ocasión, mentres que dous equipos teñen a varios xogadores como gañadores deste trofeo (San Antonio Spurs tres veces e Seattle SuperSonics en dúas ocasións). Luol Deng é o único estranxeiro desta lista.

Lista de gañadores Xogador en activoElixido no Basketball Hall of Fame miniatura|upright|Ray Allen gañou o premio na tempada 2003-04. miniatura|upright|Grant Hill é o único que gañou tres veces o premio (en 2004-05, 2007-08, e 2009-10). Tempada Xogador Nacionalidade Equipo 1995–96 Joe Dumars Detroit Pistons 1996–97 Terrell Brandon Cleveland Cavaliers 1997–98 Avery Johnson San Antonio Spurs 1998–99 Hersey Hawkins Seattle SuperSonics 1999–00 Eric Snow Philadelphia 76ers 2000–01 David Robinson San Antonio Spurs 2001–02 Steve Smith San Antonio Spurs 2002–03 Ray Allen Seattle SuperSonics 2003–04 P.J. Brown New Orleans Hornets 2004–05 Grant Hill Orlando Magic 2005–06 Elton Brand Los Angeles Clippers 2006–07 Luol Deng Chicago Bulls 2007–08 Grant Hill (2) Phoenix Suns 2008–09 Chauncey Billups Denver Nuggets 2009–10 Grant Hill (3) Phoenix Suns 2010–11 Stephen Curry Golden State Warriors 2011–12 Jason Kidd Dallas Mavericks 2012–13 Jason Kidd (2) New York Knicks 2013–14 Mike Conley Memphis Grizzlies 2014–15 Kyle Korver Atlanta Hawks 2015–16 Mike Conley (2) Memphis Grizzlies 2016–17 Kemba Walker Charlotte Hornets 2017–18 Kemba Walker (2) Charlotte Hornets 2018–19 Mike Conley (3) Memphis Grizzlies

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial en NBA.com

Categoría:Galardóns da NBA