Luís Rial Suárez, nado en Santiago de Compostela o 4 de agosto de 1942 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 2024, foi un xornalista radiofónico galego.
Traxectoria Empezou traballando nos anos sesenta na Cadena SER, logo pasou á Radiocadena Española e en 1973 comezou a traballar como correspondente de Radio Nacional de España en Galicia, con sede en Santiago. Alí permaneceu ata 1985, cando pasou a integrar o cadro de traballadores da entón acaba de crear Radio Galega.
Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos magazines da fin de semana que se chamaba Galicia en festas, e que despois se converteu en programa de seu baixo o título Un día de radio. A partir de 2005 dirixiu e presentou o late show A hora golfa, en emisión de madrugada; ese foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu improcedentemente a súa xubilación ao cumprir os 65 anos. Trala súa readmisión forzosa por mandato xudicial, presentou e dirixiu o programa de madrugada da Radio Galega, baixo o título de Pensando en ti, rótulo que popularizara Marcial Mouzo ata que foi destituído o 8 de xuño de 2012 logo de insultar os seus compañeiros de emisora en antena."A Radio Galega destitúe a Luís Rial tras insultar gravemente os seus compañeiros", artigo en Praza Pública.
Finou en Santiago de Compostela o 7 de xaneiro de 2024.
Galardóns Premio de Xornalismo de Galicia (1988) Premio á Galeguidade (1987) Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico (1999) Medalla de Bronce de Galicia (2003).
Vida persoal Casado e con tres fillos, foi propietario dun local de hostalería durante varias décadas na cidade vella de Santiago de Compostela, e que se chamaba 'La Radio'. Tamén foi dirixente de diversos colectivos de hostaleiros, como a Unión Hostaleira Galega.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes