San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. No ano 2022 tiña 164 habitantes, dos cales 77 eran homes e 87 mulleres.
Xeografía miniatura|Estrada N-525 ao seu paso por Abavides.
Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Está atravesada pola estrada N-525.
A zona un clima fundamentalmente continental, caracterizado polas escasas choivas (uns 700 mm anuais), un forte contraste de temperaturas, moi baixas no inverno e altas no verán, e frecuentes xeadas.
Historia A comarca da Limia estaba poboada pola tribo dos límicos antes da romanización de Galicia. Nesta época o territorio do que é o actual Trasmiras estaba baixo a influencia do Forum Limicorum.
Na idade Media a parroquia de Abavides pertencía ó señorío do Conde de Lemos, quedando o resto do territorio baixo o señorío do Conde de Monterrei.
Patrimonio A igrexa parroquial conserva algúns restos do románico, pero a maior parte da construción é de feitura barroca, trala reforma levada a cabo entre 1688 e 1728. As pedras da construción medieval foron aproveitadas no muro do camposanto. No seu interior destaca o retablo maior, feito en 1773 por Gregorio Álvarez de Araujo e restaurado no 2004.
Demografía
Festas As festas celébranse a primeira fin de semana de setembro.
Lugares e parroquias Lugares de Abavides
Parroquias de Trasmiras
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Trasmiras Ligazóns externas www.abavides.org páxina con certo contido sobre Abavides
Categoría:Parroquias de Trasmiras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño