miniatura|Hipotético aspecto da estatua olímpica de Zeus miniatura|Copia romana do século I ou II, da Atenea do Partenón, atribuída a Fidias Fidias, en grego Φειδίας / Pheidias (Atenas, – Olimpia, ), foi un escultor da Antiga Grecia, pintor e arquitecto, pertencente ao primeiro clasicismo grego.

Deseñou as xigantescas estatuas da deusa Atenea no Partenón de Atenas e a colosal Estatua de Zeus en Olimpia, no século V a.C.. Parece ser que parte das súas obras foron executadas en tempo de Pericles, que exerceu o goberno en solitario despois do ano 447 a.C..

Traxectoria Medrou, estudou e traballou en Atenas. Tense informacións diversas da súa aprendizaxe. Tanto Hexias de Atenas como Axeladas de Argos ou o pintor Polignoto de Thasos poderían ter sido os seus mestres. En favor de Axeladas pódese dicir que o estilo das numerosas escolas dóricas pode verse nalgunhas das súas obras. Estudou con Mirón e Policleto discípulos de Axeladas. Probabelmente na súa familia había outros artistas, como o seu sobriño, o pintor Paneno; el mesmo foi pintor antes de pasar á escultura; traballou tamén por diversas cidades gregas.

Da vida de Fidias, pouca cousa máis se sabe á parte das súas creacións. Segundo Plutarco foi obxecto de ataque por parte dos inimigos políticos de Pericles, e morreu na prisión de Atenas o 332 a.C.. Segundo Filocoro, segundo cita un comentarista de Aristófanes, fuxiu a Elis o 337 a.C. onde esculpiu a grande estatua de Zeus por encarga do goberno da cidade, e máis tarde foi morto polos eleos o 332 a.C.. Por razóns diversas a primeira versión é máis probábel.

Obra Plutarco, na súa Vida de Pericles, describe vivamente a intensa actividade artística que tivo lugar en Atenas durante o goberno deste estadista. Utilizou para decorar a súa propia cidade o diñeiro dos aliados atenienses para a defensa contra Persia: foi realmente afortunado que esta, despois de Xerxes, non intentase nada contra Grecia. Segundo Plutarco, "en todas aquelas obras Fidias foi o conselleiro e supervisor de Pericles". O escultor incluíu a súa cara, e a do xeneral, no escudo da súa estatua de Atenea Parthenos. E foi a través de Fidias que os inimigos políticos de en Pericles o atacaron.

É preciso ter en conta que non hai suficientes evidencias de que Fidias esculpise as estatuas do Partenón. Ningún escritor antigo llas atribúe, e raramente, ou nunca, realizou obras en mármore. Durante a antigüidade foi recoñecido polas súas estatuas de bronce ou ouro e marfil. Por outra parte, diferentes inscricións demostran que os bloques de mármore utilizados para os seus relevos do Partenón non serían levados na cidade ata o -434, que probabelmente fose unha data posterior á morte de Fidias. Tamén hai unha notábel diferenza de estilo entre estes e as súas obras certificadas. Polo tanto, é probábel que a maior parte ou toda a decoración do Partenón fose obra dos seus discípulos, como Alcamenes e Agoracrito.

As primeiras das súas grandes obras serían dedicacións en memoria de Maratón. En Delfos erixiu un gran grupo en bronce, abarcando as figuras de Apolo e Atenea, numerosos heroes áticos e o xeneral Milcíades. Na Acrópole de Atenas dispuxo unha colosal estatua de Atenea, visíbel desde ben lonxe en mar aberto. En Pellene (na Acaia), e en Platea, creou dúas estatuas máis de Atenea, e tamén unha de Afrodita en marfil e ouro para o pobo de Elis.

Pero entre os propios gregos, as dúas obras de Fidias que máis eclipsaron todas as outras, e se converteron na base da súa fama, serían as colosais figuras en ouro e marfil de Zeus e Atenea Parthenos, as dúas de mediados do século -V. Da primeira só quedan pequenas copias en moedas de Elis, onde se aprecia a súa postura e detalles do corpo. O deus estaba sentado nun trono. O seu corpo, de marfil, e a súa roupa, de ouro. A súa cabeza era dun estilo máis ou menos arcaico: a máscara de Otricoli que se consideraba unha copia do seu corpo é certamente propia dun estilo cen anos posterior. Da Atenea Parthenos atopáronse dúas copias pequenas en mármore.

Actualmente consérvanse moitas estatuas da mesma escola de Fidias, pero son copias romanas, e non é seguro de que teñan exactamente o mesmo estilo. Adolf Frutwangler propúxose atopar unha estatua cuxa cabeza está en Boloña, o corpo en Dresde, unha copia da Atenea de Fidias en Lemnos, pero as súas argumentacións non son concluíntes. Como proba son moito máis satisfactorios algúns torsos de Atenea do século -V atopados en Atenas. O excelente torso de Atenea na École des Beaux Arts de París, que lamentabelmente perdeu a cabeza, poderían servir para imaxinar un orixinal de Fidias. O traballo de Fidias está caracterizado pola minuciosidade dos detalles, pola maxestade das figuras, e pola representación dos pequenos obxectos.

Os críticos da antigüidade valoran enormemente os méritos de Fidias. Especialmente loan o ethos ou nivel moral permanente das súas obras, comparado co das posteriores escolas "patéticas". Demetrio cualifica as súas estatuas de sublimes, e ao mesmos tempo precisas.

En 1958 uns arqueólogos atoparon o taller de Olímpia onde Fidias uniu as partes do Zeus criselefantino. Aínda había algúns restos de marfil, e a base dunha copa de bronce, onde estaba gravado "Pertenzo a Fidias".

Estatuas Athena en Pollene en Acaia, en marfil e ouro. A estatua colosal de bronce de Athena Promachos, na Acrópole de Atenas. A estatua d'Athena Areia, en Platea de mármore pentélico. Estatua de Atenea na Acrópole. Estatua de Atenea en Roma, preto do templo de Fortuna. Estatua de Atenea de marfil e ouro no Partenón, e outras esculturas deste templo. Unha estatua de bronce de Apollo Parnopius na Acrópole. Aphrodita Urania en mármore de Paros no templo do Cerámico. Estatua da Nai dos deuses no seu trono preto do Cerámico. Estatua de Athena Hygieia, na Acrópole (dubidosa). Estatua colosal de marfil e ouro de Zeus no templo de Altis na cova sagrada de Olimpia. Estatua criselefantina de Atenea en Elis. Estatua criselefantina de Afrodita Urania en Elis. Estatua criselefantina de Asclepio en Epidauro. Estatua de Atenea no Ismenium á entrada de Tebas, de mármore. Estatua criselefantina de Zeus en Megara. Unha amazona. Tres estatuas de bronce mencionadas por Plinio o Vello que di que estaban en Roma no seu tempo, sobre as que di: "item duo signa, quae Catulus in eadem aede (sc. Fortunae) posuit palliata, te alterum colosicon nudum". Unha estatua de mármore de Venus. Estatua dos Dióscuros, en Monte Cavallo en Roma.

Algunhas estatuas fóronlle atribuídas erroneamente como o Nemesis de Agoracrito, e o Tempo e Oportunidade de Lisipo. Unhas estatuas de Zeus e Apolo en Patara a Licia seríanlle igualmente atribuídas.

Véxase tamén

Outros artigos Número áureo

Categoría:Personalidades da escultura Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Escultores da arte grega antiga