Hakan Şükür, nado o 1 de setembro de 1971 en Adapazarı (Sakarya), é un exfutbolista turco, de ascendencia albanesa. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección turca.
Selección nacional Hakan Şükür debutou coa selección de fútbol de Turquía en 1993. Tivo unha destacada participación na Copa Mundial de Fútbol de 2002 celebrada no Xapón e Corea do Sur. Turquía acadou as semifinais, onde perderon contra o Brasil por 1-0. Nese mesmo Mundial anotou o que naquel momento era o gol máis rápido na historia do fútbol internacional, marcado aos 11 segundos fronte a selección de fútbol de Corea do Sur, na disputa polo terceiro e cuarto posto que finalmente gañou a selección de fútbol de Turquía por 3 goles a 2.
Despois dese Mundial, volveu xogar coa selección turca nun par de ocasións, regresando para o partido de clasificiación para a Copa Mundial de Fútbol de 2006 de Alemaña, onde non puido evitar a derrota da súa selección, aínda que contribuíu cun gol no partido de volta.
Palmarés Liga de Turquía: 1992-93, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-2000, 2005-06, 2007-08 Copa de Turquía: 1992-93, 1995-96, 1998-99, 1999-2000, 2004-05 Copa da UEFA: 1999-00
Distincións individuais DistinciónAnoMáximo goleador da Liga Turca con 38 goles.1996-1997Mellor goleador mundial de Primeira División segundo a IFFHS1997Máximo goleador da Liga Turca con 32 goles.1997-1998Máximo goleador da Liga Turca con 19 goles.1998-1999Gol máis rápido da historia da Copa Mundial de Fútbol, en 10,8 segundos.2002Máximo goleador histórico da Liga Turca superando o récord de 240 goles que ostentaba Tanju Çolak.2007
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados na provincia de Sakarya Categoría:Futbolistas de Turquía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores do Torino FC Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do Blackburn Rovers FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Turquía Categoría:Xogadores do Sakaryaspor Categoría:Xogadores do Bursaspor