La Pegatina é un grupo catalán de música fundado en 2003 en Montcada i Reixac. O seu estilo musical é a rumba.
Historia Ata o 2003 Rubén viña tocando en solitario, pero nese ano uníronselle Ovidi e Adrià para comezar o proxecto Pegatina Sound System. Un ano despois da súa creación xa deran máis de 20 concertos, e dous temas seus foran recollidos no recompilatorio de Cortocircuit 2004.
En 2006, e xa co nome establecido de La Pegatina, logo de gravar temas para varios discos, gravaron Al Carrer!, o seu primeiro disco, nos estudos Sukhà de L'Hospitalet de Llobregat, editado a principios de 2007. Neste disco utilizan a lingua castelá, catalá e galega, e conta coa colaboración de Manu Chao, Gambeat (baixista de Radio Bemba), Leo e Kachafaz, de Che Sudaka e Txarangö. O disco foi nomeado ao premio Disco Catalán do Ano 200.
No 2008 fixeron a xira Conxi Tour 2008 a través de Suíza, Francia, Italia e España, onde deron máis de 250 concertos, producidos todos eles por Gambeat.
En febreiro de 2009 presentaron o disco "Via Mandarina", producido por Kasba Music e gravado nos estudos de La Atlántida durante os tres meses anteriores. Colaboran músicos de D'callaos e El Puchero del Hortelano entre outros. Aquí colaboran co Movemento Nacional de Meninos e Meninas de Rua do Brasil, e gravan un tema co Grupo Eureca de Percussão, de Campinas, para difundir a mensaxe da infancia pobre de Suramérica. Unha vez mais, tamén se expresan en diferentes linguas como o catalán, o galego, o castelán e o portugués. Tamén inclúe un par de adaptacións dos grupos Tatamka e Mártires del Compás.
Compoñentes Rubén Sierra "Pegatina": Voz e guitarra. Adrià Salas: Voz e guitarra. Ovidi Díaz "Movidito: Caixón flamenco, percusión e ambientes. Ferran Ibañez: Baixo e contrabaixo. Axel Magnani: Trompeta. Romain Renard: Acordeón. Sergi: Batería.
Discografía Al Carrer!. Autoproducido, 2007. Via Mandarina. Kasba Music, 2009. Xapomelön. Kasba Music, 2011. Eureka!. Kasba Music, 2013
Presenza en recompilatorios BSO Cortocircuit 2004. Program Music S.L., 2004. A per loca. Komunikando.net, 2006. Mariatchi Boogie. Bar Mariatchi, 2006. 3° Busker's Festival. lacasamarilla.org, 2007. EsperanSaharaui. Peluquería Musical, 2007. Neocalorrismo X Fiesta. Vol I. K Industria, 2007. 4º Busker's Festival, lacasamarilla.org, 2008. Radiochango - Añejo Reserva 7 Años. Radiochango, 2008. Shut Down G8 2008. A-Music, Recompilatorio xaponés, 2008.
Véxase tamén
Ligazóns externas www.lapegatina.com Via Mandarina en Audiokat Al Carrer! en Audiokat
Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Artistas de Música Global