miniatura|León XIII promulgou a encíclica Rerum Novarum o 15 de maio de 1891. Rerum novarum (en latín: Das cousas novas) está considerada como a encíclica que abre a chamada Doutrina social da Igrexa. Foi promulgada polo papa León XIII o 15 de maio de 1891. O documento versa sobre as condicións da clase traballadora nacida da Revolución Industrial.
Contexto do Documento Os cambios na sociedade e na Igrexa Tres elementos marcan a xénese desta encíclica: A Revolución Industrial, o "catolicismo social" e a organización das bases católicas.
A Revolución Industrial
A Revolución Industrial, dende o punto de vista social supón tres grandes cambios que obrigan a Igrexa a reconsiderar o seu papel na sociedade: A burguesía substituíu a aristocracia -á cal que pertencía León XIII- como clase dominante na sociedade. Aparece unha nova caste social: os obreiros. Unha caste que xa non se podía encadrar nas vellas categorías de servos (para o mundo rural) organizados arredor do señor feudal, ou artesáns (para a urbe) organizados en gremios. Urbanización: a concentración dos medios de produción, as fábricas, que son as grandes creadoras de riqueza comporta o traslado de grandes masas de poboación ás zonas onde están, nacen así as grandes cidades, a poboación comeza a migrar das aldeas ás cidades.
O catolicismo social miniatura|dereita|250px|O bispo Von Ketteler, un dos integrantes do chamado catolicismo social. Ante a nova situación social que nace da Revolución Industrial, distintos sectores da Igrexa europea tentarán responder a estas novas realidades, nunha liña de actuación que combinará a pastoral co compromiso social e político, así por exemplo: O sacerdote alemán Wilhelm Emmanuel von Ketteler lidera a resistencia católica contra o movemento social e político chamado Kulturkampf e funda o primeiro partido de corte confesional, o Zentrum. En Bélxica, o sacerdote Joseph Cardijn, involúcrase no traballo pastoral con mozos obreiros e funda a Xuventude Obreira Cristiá.
A organización das bases católicas
Como novidade desta etapa da historia da Igrexa, o laicado comeza a organizarse fóra das estruturas tradicionais (confrarías, obras pías). Son organizacións aínda cunha forte tutela por parte do clero, pero que irán evolucionando a asociacións máis independentes e incluso en confrontación coa xerarquía: En 1863, fúndase en Bélxica a primeira Acción Católica, que chegará a ser a grande organización laical da igrexa europea. En 1874, fúndase en Italia a Obra dos Congresos. Tras diversas vicisitudes, será o xermolo da futura Democracia cristiá italiana.
O pensamento social de León XIII
A encíclica Rerum Novarum hai que inscribila tamén no conxunto das encíclicas de temática social que publicou o papa: Quod Apostolici Muneris (28 de decembro de 1878) Libertas (20 de xuño de 1888), sobre a liberdade. De contido primordialmente político. Longinqua (6 de xaneiro de 1895), dirixida aos católicos norteamericanos. Matiza a a súa postura sobre os sindicatos.
O propio León XIII confírmao ao comezo da encíclica:
Estrutura e contido do documento Estrutura Introdución: o problema social na actualidade. 1ª parte: exposición negativa: Crítica da solución socialista do problema social (a loita de clases). Defensa do dereito de propiedade privada. 2ª parte: exposición positiva. Desde a perspectiva católica di o que deben facer: A Igrexa. O Estado. Os interesados: obreiros e patróns. Conclusión.
Contido principal Propiedade privada: aínda que non distingue entre bens de consumo e bens de produción, nin matiza axeitadamente todos os seus argumentos. Considera que todos teñen dereito a acceder a ela, incluso a considera como garantía da defensa da dignidade humana do obreiro. Salario: rexeita a lei da oferta-demanda como criterio para establecer a súa contía. Propón como norma a valoración e dignidade do traballo humano: dunha banda é un medio para a subsistencia e doutra, a persoa deixa unha pegada persoal no traballo. Queda aberta para posteriores documentos un tema que se converterá en típico na doutrina social, se o salario debe ser individual (só ten en conta o traballador) ou familiar (o seu cálculo debe ter en conta as circunstancias familiares do obreiro). Loita de clases: non a acepta por contraria ao Evanxeo. No seu lugar propón a mutua colaboración entre patróns e obreiros baseada no cumprimento dos deberes propios de cada clase social. Sindicatos: defende o dereito e a necesidade das asociacións, sexan de só obreiros ou de obreiros e patróns. Inclínase pola existencia de sindicatos confesionais católicos, aínda que non o impón de xeito tallante. Mudará en parte a súa postura na posterior encíclica LonginquaLonginqua. De calquera xeito, queda un tema aberto sobre o que os papas volverán en documentos posteriores. Posición ante o capitalismo e o socialismo (tal e como se entendían no século XIX): hai un claro fondo antisocialista. Contra a postura socialista dirixe a primeira parte da encíclica. Pero tamén é claramente anticapitalista en tres afirmacións básicas: A crítica á que a lei oferta-demanda sexa a única norma que rexa toda a economía. A encíclica está a favor da intervención do estado na economía. Non pode considerarse ao obreiro como inferior. Máis ao contrario, o único que se fai inferior é o explotador. O problema social concíbese aínda como problema obreiro-patrón, aínda que co tempo, a doutrina social irá ampliando a súa perspectiva. Fronte á solución socialista que defende que o que fai falla é suprimir a propiedade privada, León XIII pensa que o mellor é xeneralizala. E fronte á pretensión de solucionar o problema social polo camiño da loita de clases, a encíclica defende que a harmonía social se alcanzará por medio da colaboración entre Igrexa, Estado e os propios interesados.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Loita de clases Ligazóns externas Texto da encíclica en castelán
Categoría:Doutrina social da Igrexa Categoría:Obras literarias de 1891 Categoría:Documentos Categoría:Obras literarias en latín