dereita|miniatura|CD Barco - Atlético Arnoia, 2022. A Terceira División RFEF, chamada oficialmente Campeonato Nacional de Terceira División (Terceira RFEF), anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Terceira División,NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021. é a quinta categoría da liga española de fútbol. Foi creada en 1929 como terceira categoría da liga española de fútbol, converténdose na cuarta categoría en 1977 trala creación da Segunda División B e na quinta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.CIRCULAR N.º 98 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Tercera División (Tercera RFEF) - Temporada 2021/22 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
Está inmediatamente por riba das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española. É unha categoría non profesional e está formada por 18 grupos, correspondendo o Grupo I aos equipos de Galicia.
Historia dereita|miniatura|Racing de Ferrol - Areas na Malata, 2011. A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da Liga española de fútbol. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da Segunda División. Na tempada 1977–78, coa creación da Segunda División B, pasou a ser a cuarta categoría da liga española"La Segunda División B: Tercer nivel desde 1977". Vicent Masià. La Futbolteca. A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia. Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: Club Gijón, Barakaldo CF, Atlético Aurora Pamplona, Patria Zaragoza, CD Castellón, Sporting Sagunto, Cartagena FC e Recreativo de Huelva. Xa na fase eliminatoria, o Castellón converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao Recreativo de Huelva.
A Terceira División foi suprimida en 1934 e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a guerra civil, aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional"1943: La Tercera División adquiere protagonismo". Vicent Masià. La Futbolteca. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada.
A última gran reestruturación aconteceu na tempada 1980-81, cando foron creados novos grupos e se fixo unha distribución autonómica dos mesmos, aínda que foron precisas varias tempadas para acadar a distribución actual.
Trala tempada 2020/21 pasou a ser a quinta categoría do fútbol español, cunha nova estruturación na que se introduciu a Primeira División RFEF como terceiro nivel.
Sistema de competición 300px|miniatura|Grupos da Terceira división Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha Comunidade Autónoma, excepto no caso de Andalucía, que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, no norte de África, compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.
O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.
Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).
Promoción de ascenso Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda División B.
Este play-off consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a Segunda B. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a Segunda B.
Historial Campións Clubs con 5 ou máis títulos de Terceira División (sumando 3ª e 4ª categorías): ClubTítulos3ª categoría(1929-1977)4ª categoría(1977-2021) Caudal Deportivo15411 CD Eldense1349 RS Gimnástica1147 C.D. Atlético Baleares1055 C.P. Cacereño1046 Deportivo Aragón1046 C.D. Don Benito1028 Peña Sport FC10010 Sevilla Atlético927 CD Calahorra909 Las Palmas Atlético909 R. C. D. Mallorca B909 SD Noja909 CD Ourense871 C.D. Puertollano853 Racing de Ferrol844 Valencia CF Mestalla835 C.E. Constància826 CD Castellón761 Gimnástico de Tarragona761 S. D. Eibar752 Algeciras C.F.725 Andorra C.F.725 C.D. Toledo716 Real Valladolid Promesas716 U.D. Salamanca660 R. C. D. Mallorca651 Recreativo de Huelva660 Barakaldo C.F.651 D. Alavés651 Cultural y Deportiva Leonesa642 R. Jaén C.F.642 CD Alcoyano633 Pontevedra CF624 S. D. Huesca624 Betis Deportivo606 Zamora C.F.606 Albacete Balompié550 CA Osasuna550 Real Madrid Castilla550 Terrassa F.C.550 U.D. Mahón550 C.E. L'Hospitalet514 Real Sociedad F. "B"514 C.D. Badajoz532 CD Olímpic532 U.E. Sant Andreu532 U.E. Olot523 CD Tudelano514 Club Deportivo Lealtad505 C. Portugalete505 Tomelloso C.F.505 Real Madrid C505
Estatísticas Máis tempadas Posto Equipo Tempadas 1º Murcia Imperial 65 2º Arenas de Getxo 61 3º Constància 56 Eldense 56 5º Tudelano 55 6º Racing de Santander B 54 Europa 54 8º Cacereño 53 Atlético Baleares 53 Manacor 53
Actualizado ata a tempada 2017/18.
Equipos galegos Os equipos galegos que se proclamaron algunha vez campións da Terceira División son os seguintes:Resultados históricos del fútbol español arquero-arba.futbolme.net EquipoTítulos3ª categoría (pre-1977)4ª categoría (post-1977)Tempadas CD Ourense 8 7 1 1955-56, 1956-57, 1958-59, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1972-73, 2011-12 Racing de Ferrol 8 4 4 1960-61, 1962-63, 1964-65, 1965-66, 1987-88, 1991-92, 2012-13, 2018-19 Pontevedra CF 6 2 4 1959-60, 1975-76, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 2014-15 SD Compostela 6 1 5 1963-64, 1979-80, 1989-90, 2008-09, 2017-18, 2019-20 CD Lugo 4 1 1 1961-62, 1977-78, 1980-81, 1985-86 CCD Cerceda 4 0 4 1995-96, 2002-03, 2003-04, 2010-11 Deportivo Fabril 4 0 4 2005-06, 2006-07, 2009-10, 2016-17 SD Compostela B 3 0 3 1996-97, 1997-98, 2001-02 CD Lalín 2 0 2 1984-85, 1990-91 CD As Pontes 2 0 2 1986-87, 1994-95 Celta de Vigo B 2 0 2 1999-00, 2000-01 Celta de Vigo 1 1 0 1932-33 Deportivo Xuvenil 1 1 0 1953-54 Arsenal CF 1 1 0 1954-55 Club Turista 1 1 0 1957-58 Deportivo da Coruña 1 1 0 1974-75 CJ Cambados 1 0 1 1988-89 Arosa SC 1 0 1 1992-93 Bergantiños FC 1 0 1 1993-94 Porriño Industrial CF 1 0 1 1998-99 Rápido de Bouzas 1 0 1 2004-05 SD Ciudad de Santiago 1 0 1 2007-08 UD Somozas 1 0 1 2013-14 CD Boiro 1 0 1 2015-16 CD Arenteiro 1 0 1 2020-21
Notas
Véxase tamén Outros artigos Liga española de fútbol Divisións rexionais de fútbol en España Copa do Rei Copa Federación
Ligazóns externas Real Federación Española de Fútbol - Resultados e clasificacións de Terceira División AREFE - Resultados e clasificacións históricas de Terceira División
Categoría:Ligas de fútbol de España Categoría:Ligas de fútbol de quinta división de Europa