Afonso I de Aragón, o Batallador, nado en 1073 e finado en Poleñino (provincia de Huesca) o 7 de setembro de 1134, foi un nobre aragonés, rei de Rei de Aragón e Pamplona entre 1104 e 1134. Traxectoria
Fillo de Sancho Ramírez (rei de Aragón e de Pamplona entre 1063 e 1094) e de Felicia de Roucy, ascendeu ao trono cando morreu o seu medio irmán Pedro I.
Fíxose chamar entre 1109-1114 «Rei e Emperador de Castela, Toledo, Aragón, Pamplona, Sobrarbe e Ribagorza». Emperador, amparado na teoría política que concede o imperio ao que domina tres ou máis reinos.
Á súa morte, e no que é un dos episodios máis controvertibles da súa vida, legou os seus reinos ás ordes militares, o que non foi aceptado pola nobreza, que elixiu o seu irmán Ramiro II o Monxe en Aragón e a García Ramírez o Restaurador en Navarra, dividindo o seu reino.
Categoría:Reis de Aragón Categoría:Reis de Navarra Categoría:Nados en 1073 Categoría:Finados en 1134 Categoría:Casa de Aragón Categoría:Nados en Aragón