Catuxa Gil Álvarez, nada en Santiago de Compostela o 26 de xullo de 1980, é unha amazona galega xa retirada.

Traxectoria Campioa de España xuvenil en 1999, comezou a participar internacionalmente na Copa do Mundo de Saltos en 2002. Campioa de España en categoría individual en dúas ocasións, o seu mellor posto internacional foi unha décima praza nun campionato de Europa.

É licenciada en administración de empresas e ten un mestrado en xestión deportiva pola Universidade de Sydney. Retirada en 2004, traballou na organización da Copa América de vela de Valencia (2007) e na actualidade faino para o Comité Olímpico EspañolCOExpress, febreiro 2009, p 4-5.

Notas

Categoría:Xinetes e amazonas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes