Aliaksandr Ryhoravič LukašenkaAs romanizacións do seu nome varían: o seu nome propio aparece como Aleksandr, Aliaksandr, Alyaksandr, Alaksandar, Alexandr...; o seu apelido aparece como Lukašenka, Lukashenka, Lukashenko, Łukašenka... (en belaruso Аляксандр Рыгоравіч Лукашэнка), nado o 30 de agosto de 1954 en Kopis, é un político belaruso, Presidente de Belarús dende que se creou o cargo o 20 de xullo de 1994. O seu goberno é moi controvertido, para os seus partidarios evitou os peores efectos da caída da Unión Soviética, para os seus opoñentes é un ditador que arredou Belarús da Unión Europea, converténdoa nun estado satélite de Rusia.

Notas

Categoría:Presidentes de Belarús Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na rexión de Viciebsk