Periferia (do grego peripheria, "circunferencia") designa o límite externo dun obxecto. Pode referirse a:
en economía e ciencias políticas, a dualidade centro-periferia refírese a un dos polos que estrutura a organización territorial de certos sistemas político-económicos; a periferia dunha cidade son os barrios afastados do centro urbano. a periferia dun círculo é a circunferencia do círculo. a periferia do sistema solar é a zona onde a atracción do Sol é extremadamente débil, límite do sistema solar. en Grecia, a periferia é a denominación adoptada para referirse ás subdivisións territoriais do país; a visión periférica é a capacidade de ver no bordo do campo visual. a novela de Iolanda Zúñiga Periferia, Premio Xerais 2010.