miniatura|300px|A sardiña no maio que a parta un raio A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano Eladio Rodríguez González, s. v. auga. No orixinal: i-auga.. A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano Eladio Rodríguez González, s. v. landra.. A langosta e o cazón, en maio están en sazón Lino Lema Bouzas, 1.Clodio González Pérez, 142.. A ovella do probe no maio morre. A ovella e a abella no maio deixan a pelexa. A porca de maio vale máis no principio que no cabo O libro do porco, 35.. A sardiña no maio que a parta un raio. A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan Eladio Rodríguez González, s. v. sardiña.Lino Lema Bouzas, 2.. A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan. A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril. Abril a lan carda, e maio leva a fama Eladio Rodríguez González, s. v. abril.. Abril chove pras xentes, e maio prás bestas . Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso Compogoso significa propicio, favorable, próspero. Quere dicir que a colleita nun ano así será abundante.. Abril, déixame dormir, que en maio de meu me caio Vozes gallegas, ed. de J. Leite de Vasconcellos, 1845. No orixinal: mayo, cayo. Abril e maio son a chave de todo o ano Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: mayo.. Abril e maio son as chaves do ano . Abril esfola, pero maio amola . Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, matô, de un.. Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo . Abril, pendoril; maio, engraio; e San Xoan, segaio . Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio. Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.. ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo. Are quen arou, que maio xa pasou Eladio Rodríguez González, s. v. maio.. Are quen arou, que maio xa pasou. Are quen arou que xa maio entrou. As avenidas da Ascensión, sonadas son. As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril. miniatura|300px|Ata o corenta de maio a vella non quita o saio Ata o corenta de maio a vella non quita o saio. Ata o corenta de maio non quíte-lo saio. Ata o corenta de maio non te quíte-lo saio; e se volve a chover, vólveo a poñer. Auga de abril e xiada de maio, aseguran o ano Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. Auga de abril e xiada de maio, herba pra todo o ano . Auga de maio, crece o pelo un palmo. Auga de maio, mata o porco dun ano. Auga de maio, pan pra todo o ano . Auga de maio, quítame a sarna que traio . Auga de maio, trai bo ano . Auga de maio, trai mal ano . Auga en maio detrás do arado. Auga en maio mata a porca dun ano . Auga en maio, pan para o ano Real Academia Galega 1913, s. v. auga. No orixinal: mayo.. Auga en maio, pan todo o ano . Auga en maio mata o porco dun ano . Auga en maio quita a sarna de todo o ano . Auga entre maio e xuño vale máis cós bois e o xugo. Ben veñas maio, o millor mes de todo o ano . Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio non me ve-lo pelo. Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. Caia auga e veña maio, que xa temos pan pro ano . Cando en maio hai lama, inda algo se gana . Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. Cando marzo maiea, maio marcea Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos . Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.. Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran . Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau Eladio Rodríguez González, s. v. centeo.. Chova por abril e maio e non chova en todo o ano Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano. Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano . Chova pra min abril e maio, e pra ti todo ano . Chova pra vós na roda do ano, e pra min en abril e maio . Chuvia, de abril; recío, de maio . Chuvia en maio, a mexadiña dun gato . Chuvia en maio, a mexadiña dun rato. Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón Marcial Valladares Núñez' (1884). No orixinal: n’a, d’Ascensión, n’os, mouron.. Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristovo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nostra Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel O Día da Ascensión adoita caer en maio. O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (a Ascensión) a setembro (San Miguel).. Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba, nin bo melón Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n’a, d’Ascension, melon.. Chuvia por abril e maio, aunque non chova en todo o ano. Como sempre, detrás de maio vén san Xoán. miniatura|300px|Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés Refraneiro do viño, 51. Fala a viña, pedindo a cava. De abril a maio, mes de descanso. De San Miguel a San Miguel, nin rosario nin muller O primeiro San Miguel ten que ser o que se celebra o 28 de setembro, e o segundo pode ser o que se celebra o 8 de maio. O refrán alude a que as noites son curtas e hai que aproveitar para durmir.. De sol posto en maio, aínda un xastre fai un saio. Dende a Pascoa a Nadal, andai bois pra o meu curral. Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños. Detrás de maio vén san Xoán. Deus nos aparte do polvo de maio e da lama do agosto. Deus nos aparte dos polvos de maio e da lama de agosto. Día a día, maio á porta . Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.. Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz. Día tras día, maio á porta . Día tras día, maio chega . Día tras día, maio vai fóra Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Días de maio, días de desventura: inda non amañece e xa é noite escura . Días de maio tan longo sodes, que morro de fame e morro de amores . Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio. Díxolle maio a abril: anque che pese heime rir . Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro . En abril augas mil, e en maio tódalas que queiran vir. En abril, augas mil, i en maio, tres ou catro . En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro Son as fases da vida do lobo.. En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio . En abril déixame durmir, que en maio eu só me caio. En abril e maio fai fariña pra todo o ano . miniatura|300px|En abril, espigas mil, no maio todo espigado En abril e maio fai fariña pro ano Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.. En abril, espárragos para min; en maio, para meu amo Real Academia Galega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo.. En abril, espigas mil, no maio todo espigado. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano Real Academia Galega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo, matao.. En abril, o salmón pra min, no maio pró criado, e no san Xoán pró can Eladio Rodríguez González, s. v. salmón.. En abril os espárragos pra min, i en maio pró meu amo . En febreiro, sete galgos e un lebreiro, e en maio, sete lebres e un galgo. En maio aínda a vella queima o tallo . En maio aínda a vella queima o tallo e senón malo. En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou. En maio aínda a vella quenta o sallo. En maio aínda bebe o boi no prado. En maio, augas catro, e esas que cheguen ó barro . En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo. En maio calquera besta é cabalo . En maio, de meu me caio. En maio, de meu me caio, ou con fame ou con traballo. En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo . En maio, de meu me caio, xa co sono, xa co traballo. En maio, de sono me caio . En maio inda a vella queima o pé ó tallo Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Mayo, queyma.. En maio, inda a vella queima o tallo . En maio inda a vella quenta o saio . En maio, inda queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para San Xoán a deixou . En maio, inda bebe o boi no prado . En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado . En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño. En maio, non quites o saio. En maio, non te quites o saio . En maio, o barrufeiro faise cabalo . En maio, o garabanzal, nin nado nin por sementar . En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado. En maio o porco vai ó tallo. En maio, que chova hastra entullarse o carro . En maio quince días os bois ó prado, antes no principio que no cabo. En maio sai o pulpo do zamaio Lino Lema Bouzas, 4. No orixinal: sal.. En maio, sulfato . En maio, todo espigado. En maio xa leva as cereixas o gaio . En maio, xa saio . En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo do can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo. En marzo, nazo; en abril estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán xa fuxo ó can; en Santa Mariña xa pillo a galiña, e en agosto xa son bo raposo Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, i en agosto, ja son, bon.. Entre abril e maio, fai fariña para o ano Real Academia Galega, s. v. 'abril. No orixinal: mayo.. miniatura|300px|Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre Enxame de maio vale un bo cabalo Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.. Enxame probe, no inverno nace e no maio morre Eladio Rodríguez González, s. v. inverno.. Enxame probe, se do inverno sale no maio morre . Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre. Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define moliñeiro como tempo nubrado, no que chove pouco pero persistentemente.. Garda do pan para maio e da leña para abril Real Academia Galega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo.. Garda leña pra abril e pan pra maio . Garda o teu saio para maio. Garda pan para maio e da leña para abril. Garda pan para maio e leña para abril, que che ha de cumprir. Garda pan para maio e leña para todo o ano. Hastra a Ascensión non quites o roupón, e despois quita e pon. Hastra o corenta de maio non te afroxes o saio. Hastra o corenta de maio, non te quites o saio . Hastra o corenta de maio non te quites o saio; e se volve a chover, vólveo a poñer . Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura. Liño bo, liño malo, todo frolece en maio Eladio Rodríguez González, s. v. liño.. Maio airoso fai o pan garboso Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Mayo ayroso fay o pan garvoso.. Maio atreboado, ano temperado . Maio chuvioso, vran caloroso . Maio come o trigo, e agosto bebe o viño . Maio é o millor mes do ano .