O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de agosto na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Agosto tamén designa o tempo da recolleita dos cereais, e a colleita mesma (Real Academia Galega 2013, s. v. agosto).
Denominacións populares do mes de agosto son mes da Nosa Señora e mes da sega (alcume este que comparte con xullo Constantino García González.).
Crenzas e supersticións A lúa crecente de agosto é a mellor para que aproveiten os baños a un enfermo (Eladio Rodríguez, s. v. lúa).
Santa Clara -11 de agosto- é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume en Santiago e Pontevedra que os padriños leven ovos a Santa Clara. Tamén, en Santiago, desde hai pouco pídeselle que interceda para conseguir boas notas nos exames.
Léxico Agostar significa murcha-las plantas pola calor e a secura propias deste mes, pero tamén se denomina así á acción de ara-la terra inmediatamente trala sega, para que se sequen as plantas daniñas. Agostiño, como adxectivo, cualifica un animal nado neste mes ou un froito que madura en agosto. Cereixa agostina é unha variedade de cereixa de pequeno tamaño. Mazá agustina é unha variedade de mazá temperá que madura en agosto. Pera de san Roque é unha variedade de pera San Roque, 16 de agosto..
Refraneiro miniatura|250px|A castaña no agosto quere beber e no setembro comer. A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber. A castaña no agosto quere beber e no setembro comer. A castaña quere en agosto arder e en setembro beber. A chuvia no mes de agosto non é chuvia, que é mel e mosto Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.. A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto . A chuvia por san Lourenzo sempre chega a tempo San Lourenso, 10 de agosto. Rosario Soto Arias 2013.. A sombra quer ser de agosto, i o sol, de setembro . Agosto a madura e setembro vendima a uva. Agosto e setembre non duran sempre . Agosto e vendimia non son cada día Real Academia Galega 1913, s. v. agosto.. Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito e outros con dano . Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado . Agosto, frío no rostro . Agosto madura e setembre vindima as uvas . Agosto marchou, o que mallou mallou. Agosto nos farta e agosto nos mata . Agosto pasou, quen mallou, mallou Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Auga de agosto, azafrán, mel e mosto. Auga de agosto dá mel e mosto Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.. Auga de agosto, mel e mosto Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. Auga en agosto, azafrán, mel e mosto Real Academia Galega 1913, s. v. auga.. Auga por agosto, nin pan nin mosto . Cando chove por agosto, chove mel e mosto Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Ceba o porco dende agosto se queres que estea gordo Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. Ceba o teu porco dende o mes de agosto se queres que teña bo lombo . miniatura|200px|Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco. Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco . Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (mes no que adoita caer o Día da Ascensión) a setembro (San Miguel).. Chuvia polo agosto é mel e mosto . Dálle verzas en agosto se queres ver ó teu home morto. Dios nos libre do polvo de xaneiro e do lodo de agosto Elixio Rivas Quintas (1978).. De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. Despois da Peregrina, o inverno vén enriba A Peregrina de Pontevedra celébrase o 16 de agosto; noutros lugares celébrase o 2º domingo de agosto e, en Paderne, o 6 de xullo.. Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría Santa María, 15 de agosto. O refrán refírese ó mexillón e outros mariscos e está relacionado co consello de non comer marisco nos meses con r, que comezan, precisamente, ó rematar agosto.. Deus nos aparte do polvo de maio e da lama do agosto. Deus nos aparte dos polvos de maio e da lama de agosto. Día de san Lourenzo, a terra leva o demo. Eí vén san Lorenzo co caldeiro penso San Lourenzo, 10 de agosto. En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo gallo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En agosto, as castañas arder e en setembro beber Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: i en setembro.. En agosto come as sardiñas ben a gosto Lino Lema Bouzas, 4.. En agosto chove mel e mosto. En agosto dá frio no rostro. En agosto está a auga tras do toxo . En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño. En agosto, nin muller nin mosto . En agosto, nin viño nin mosto. En agosto, nin viño, nin muller nin mosto . En agosto, o porco pon o entrecosto Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No texto: pón.. En agosto secan as fontes e en setembro arden os montes. En agosto secan as fontes, e en setembro, os montes. En agosto secan os montes, e en setembro, as fontes . En agosto, sol posto, noite connosco . En agosto, sol posto, noite conozo . En agosto, solposto, non te conozco . En agosto, viño mosto . En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo ó can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. No orixinal: i en agosto.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, ja son, bon.. En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar. Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruís San Pedro Fiel é unha aglutinación de San Pedro in Vincula e de San Fins, que se celebran conxuntamente o 1º de agosto.. Home sen fortuna: parto da porca en maio e da muller na seitura. Limpa e arranxa a eira cando está agosto á beira. Lúa de xaneiro non ten compañeiro, senón a de agosto, que lle dá no rosto. Maio come o trigo, e agosto bebe o viño Eladio Rodríguez González, s. v. maio.. Maio fai o trigo, e agosto o viño . Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruíns Ver nota a Habendo neboeirao día de San Pedro Fiel.... Elixio Rivas Quintas (1978); no orixinal: niebla. Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar Lino Lema Bouzas, 6.. No agosto, a fariña, e no setembro, a fouciña. No agosto, sol posto, noite connosco. Non é bo mosto o que se colle en agosto. Non é bo mosto o que se molla en agosto Eladio Rodríguez González, s. v. mosto.. Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senón a de agosto, que lle dá no rostro. O becerriño en agosto ten frío. O cocho no agosto pon o entrecosto . O mes de agostiño fai bo viño. O mes de agostiño fai o bo viño. O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor. O millo de san Bartolomeu nin é meu nin é teu San Bertomeu, 24 de agosto. Rosario Soto Arias 2013.. O millo que barbea dinantes de San Bartolomeu é o meu; o que barbea dispois é dos bois Crespo Pozo, s. v. espigar.. O mosto que se colle en agosto, non é mosto . O porco en agosto pon o entrecosto. O porco no agosto pon o entrecosto . Ó que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña Lino Lema Bouzas, 7.. O que en agosto non dá cebada, en San Xoán non fai xornada Eladio Rodríguez González, s. v. cebada. O que en agosto ou setembre non dá cebada, en San Xoán non fai xornada Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: qu’en, da, San Juan, jornada.. O que en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns. O que non ten pan sementado, agosto fáiselle maio Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn. O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto.. O que queira un bo entrecosto que o meta no mes de agosto. O recío de agosto dá polo rostro Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: da.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: O rocíu de agosto, da pol-o rosto.. O vento de abril e a lama de agosto matan o viño anque sea no mosto. Os recíos de agosto son mel e mosto . Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto.. Poeira en abril, lama en agosto Eladio Rodríguez González, s. v. abril.. Polo agosto vale máis viña que mosto . Polo san Bartolo, a boa fiandeira comeza a súa tea, e a máis lixeira pola Madalena San Bartolo, ou Bertomeu, o 24 de agosto; a Madalena, o 22 de xullo.. Polo vintecatro de agosto, san Bartolomeu deixa o demo solto Rosario Soto Arias 2013.. Polvo en abril, lama en agosto. Polvo no maio e lama no agosto, anda o tempo descomposto. Polvo no maio e lama no agosto, pon ó labrego de mal rostro. miniatura|250px|Por agosto vale máis viño que mosto. Por agosto vale máis viño que mosto. Por santa Mariña deita o pobre a súa galiña. Por santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña. Por santa Mariña mata a túa galiña. Por santa Mariña sementa a nabiña. Porco agostado é medio cebado. Primeiro de agosto, primeiro de inverno. San Bieito rega a eito. Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote San Bieito, 11 de xullo (noutros lugares en marzo ou o 15 de xullo); Santiago, 25 de xullo; Santa Mariña, 18 de xullo; San Roque, 18 de agosto.. San Roque dalle ás moscas co palitroque . Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto. Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto. Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís. Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas malas e bolecos ruís. Se en agosto e setembre non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda. Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: Si, año.. Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra. Se hai neboeiro día San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns. Se o mes de agosto vén craro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados . Se queres colle-lo entrecosto, empeza a cebar en agosto. Se queres graxiña, cébao na santa Mariña. Se queres ter bo lombo, ceba o porco desde agosto. Se queres ter un bo porco, cébao no mes de agosto. Vale máis nubrado de agosto ca sol de setembro. Vale máis nubrado en agosto que sol de setembro.
Cantigueiro Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran. Mala morte mate ós homes/ i o pirmeiro sea o meu;/ o día que me il morrer/ vou ó San Bartolomeu Xaquín Lorenzo Fernández, 92. No orixinal: dia, íl. San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, que celebra a festa o 24 de agosto.. Naquela banda do río/ ten meu pai un castiñeiro,/ dá castañas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro.