A natureza morta, tamén coñecida como bodegón, é unha obra de arte que representa obxectos inanimados, xeralmente obxectos cotiáns que poden ser naturais (animais de caza, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou cunchas) ou feitos polo ser humano (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas, pipas etc.) nun espazo artifical determinado. Esta póla da pintura sérvese dun exquisito arranxo, encanto colorístico e dunha iluminación fina para producir un efecto de serenidade, benestar e harmonía. Con orixes na antigüidade e moi popular na arte occidental dende o século XVII, a natureza morta da ao artista máis liberdade de acción na colocación de elementos de deseño dentro dunha composición que outros xéneros pictóricos como a paisaxe ou os retratos. Os bodegóns, particularmente antes de 1700, a miúdo contiñan un simbolismo relixioso e alegórico en relación cos obxectos que representaban. Algunhas naturezas mortas rompen a barreira bidimensional e empregan técnicas mixtas tridimensionais, e usan obxectos atopados, fotografía, gráficas xeradas por ordenador, así como son e vídeo.
Historia Devanceiros: Arte antiga miniatura|200px|Bol de froita transparente e xerras. Frescos romanos en Pompeia (ao redor do ano 70). As naturezas mortas a miúdo adornan o interior das tumbas do Antigo Exipto. Críase que os obxectos vencellados coa comida e outros artigos representados alí, faríanse reais na outra vida e dispoñibles para que os mortos os empregaran. As pinturas sobre xerras da Antiga Grecia tamén mostran grande habilidade ao representar obxectos cotiáns e animais. Naturezas mortas semellantes, máis sinxelas decorativamente, mais con perspectiva realista, atopáronse igualmente en pinturas murais da Antiga Roma e en mosaicos do chan en Pompeia, Herculano e a Vila Boscoreale, incluíndo o motivo posteriormente tan familiar dun bol de cristal con froitas. Os mosaicos decorativos chamados emblema, que se atoparon en casas de romanos ricos, demostran a variedade de comida da que gozaban as clases superiores, e tamén funcionaban como signos de hospitalidade e como celebracións das estacións e mais da vida.Sybille Ebert-Schifferer, Still Life: A History, Harry N. Abrams, Nueva York, 1998, p. 19, ISBN 0-8109-4190-2 No século XVI, a comida e as flores reaparecerían como símbolos das estacións e dos cinco sentidos. Tamén dende a época romana existe a tradición do uso da caveira nas pinturas como un símbolo de mortalidade e de restos terreais, a miúdo acompañada pola frase Omnia mors aequat (A morte iguala a todos).Ebert-Schifferer, p.22 Estas imaxes de vanitas foron reinterpretadas ao logo dos derradeiros catrocentos anos da historia da arte, comezando cos pintores holandeses ao redor do ano 1600.Ebert-Schifferer, p.137
A apreciación popular do realismo na natureza morta relaciónase coa lenda grega antiga de Zeuxis e Parrasios, de quen se di que competiron por crear os obxectos máis animados, as descricións máis antigas da historia de pintura de Trompe-l'œil.Ebert-Schifferer, p. 16 Como Plinio o Vello relataba nos tempos romanos, os artistas gregos de séculos antes xa estaban moi desenvolvidos nas artes do retrato e o bodegón. Distinguiu a Peiraikos, «cuxa mestría moi poucos exceden... Pintou tenderetes de zapateiros e barberías, asnos, plantas e cousas semellantes, e por esa razón chamáronlle o "pintor dos obxectos vulgares"; aínda así estas obras eran en conxunto doces, e vendíanse a prezos máis altos cás máis grandes [pinturas] de moitos outros artistas».Ebert-Schifferer, p. 15
Idade Media miniatura|esquerda|200px|Petrus Christus: San Elixio orfebre (parella burguesa cun orfebre, 1449). A partir do ano 1300, comezando por Giotto e os seus seguidores, a pintura de bodegón reviviu na forma de nichos de ficción en murais de tema relixioso que representaban obxectos da vida cotiá.Ebert-Schifferer, p.25 Este tipo de representación pictórica foi considerada menor ata o Renacemento, e adoitaba aparecer encuberta en cadros doutro xénero, como a pintura relixiosa ou os retratos, adoitando supoñen un significado relixioso ou alegórico. Isto era particularmente certo na obra dos artistas do norte de Europa, cuxa fascinación polo simbolismo e o realismo óptico moi detallado levoulles a prodigar grande atención na mensaxe xeral das súas pinturas.Ebert-Schifferer, p. 27 Pintores como Jan van Eyck a miúdo empregaron elementos de bodegón como parte do seu programa iconográfico.
O desenvolvemento da técnica de pintura ao óleo por van Eyck e outros artistas do norte de Europa permitiu pintar obxectos cotiáns nun estilo hiperrealista, debido ao seu secado máis lento, a mestura e a calidade de traballar por capas das cores ao óleo.Ebert-Schifferer, p. 26
O retrato que fixo Petrus Christus dun noivo e unha noiva visitando a un ourive é un exemplo típico dun bodegón de transición que representaba tanto un contido relixioso como secular. Aínda que a súa mensaxe é principalmente alegórica, as figuras da parella son realistas e os obxectos que se mostran (moedas, vasillas etc.) están axeitadamente pintados pero o xoieiro é en realidade unha representación de san Elixio e os obxectos intensamente simbólicos. Outro tipo semellante de pintura é o retrato de familia que combina figuras cunha mesa ben chea de comida, que simboliza tanto a piedade dos suxeitos e maila súa gratitude á abundancia de Deus.Ebert-Schifferer, p. 41 Por esta época, as representacións sinxelas de bodegóns privadas de figuras (pero non de significado alegórico) comezaban a pintarse na parte externa das portas de pinturas de devoción privada. Outro paso cara ao bodegón autónomo foi pintar flores simbólicas en xerras na parte posterior de retratos seculares ao redor do ano 1475.Ebert-Schifferer, p. 31
Renacemento
Entre os primeiros en liberarse do significado relixioso da natureza morta estiveron Leonardo da Vinci, quen creou estudos á acuarela de froita (ao redor de 1495) como parte da súa incansable exame da natureza, e Durero quen tamén fixo debuxos detallados da flora e a fauna.Ebert-Schifferer, p. 39, 53
Jacopo de'Barbari deu un paso máis aló coa súa Natureza morta con perdiz, luvas e frechas de ballesta (1504), un dos primeiros bodegóns Trompe-l'œil asinados e datados, cun contido relixioso reducido ao mínimo.Ebert-Schifferer, p. 34 miniatura|300px|Annibale Carracci, Carnicería (1583). O século XVI viu unha explosión de interese no mundo natural e a creación de luxosas enciclopedias botánicas que documentaban os descubrimentos do Novo Mundo e Asis. Tamén impulsou o comezo da ilustración científica e a clasificación das especies. Os obxectos naturais comezaron a apreciarse como obxectos de estudo individuais a parte de calquera asociación mitolóxica ou relixiosa. A temperá ciencia dos remedios a base de herbas comezou igualmente nesta época, unha extensión práctica deste novo coñecemento. Ademais, os patróns ricos comezaron a financiar a colección de especies animais e minerais, creando amplos «gabinetes de curiosidades». Estes exemplares serviron como modelo para os pintores que buscaban realismo e novidade. Comezaron a coleccionarse e comercializarse cunchas, insectos, froitas exóticas e flores, e plantas novas, como o tulipán (importado a Europa dende Turquía), celebrábanse nos bodegóns.Ebert-Schifferer, pp. 54-56 A explosión da horticultura espertou amplo interese por toda Europa, tendencia que os artistas capitalizaron producindo miles de bodegóns. Algunhas rexións e cortes tiñan intereses particulares. A representación de cítricos, por exemplo, era unha paixón particular da corte dos Médicis en Florencia.Ebert-Schifferer, p. 64 Esta grande difusión dos exemplares naturais e o crecente interese na ilustración natural por toda Europa, deu como resultado a creación practicamente simultánea de naturezas mortas modernas ao redor do ano.Ebert-Schifferer, p. 75
Ao longo da segunda metade do século XVI a natureza morta evolucionara de xeito autónomo.Ebert-Schifferer, p.38 Gradualmente, o contido relixioso diminuíu en tamaño e lugar nestas pinturas, aínda que as leccións morais seguiron estando implícitas. Un exemplo é A carnicería de Joachim Beuckelaer (1568), coa súa representación realista de carnes crúas dominando o primeiro plano, mentres que a escena do fondo transmite os perigos da ebriedade e a lascivia.Ebert-Schifferer, p. 45 O tratamento de Annibale Carracci do mesmo tema en 1583 comeza a eliminar as mensaxes morais, como fixeron outras pinturas de bodegón de «cociña e mercado» deste período.Ebert-Schifferer, p. 47
Século XVII miniatura|esquerda|Abraham van Beyeren: Bodegón de banquete (1667). Malia gañares popularidade, as naturezas mortas italianas permaneceron historicamente menos respectadas cá pintura de «grande estilo» de temas históricos, relixiosos e míticos. Destacados académicos de comezos dos anos 1600, como Andrea Sacchi, sentía que a escena de xénero e o bodegón non portaban a gravitas que fai que a pintura sexa considerada grande. Doutra banda, exitosos artistas de bodegón italianos atoparon amplo mecenado no seu tempo.A natura morta in Italia ed. por Francesco Porzio e dir. por Federico Zeri; Review author: John T. Spike. The Burlington Magazine (1991) Vol. 133 (1055) p. 124-125. Máis aínda, as pintoras, sendo poucas, normalmente elixían ou víanse constreñidas a pintar temas como o bodegón, como ocorría, por exemplo con Giovanna Garzoni, Laura Bernasconi e Fede Galizia.
Moitos artistas italianos destacados noutros xéneros, tamén produciron algúns cadros representando naturezas mortas. En particular, Caravaggio (1573-1610) foi un dos primeiros artistas que representou naturezas mortas con conciencia de obra pictórica. Aplicou a súa influente forma de naturalismo ao bodegón. O seu Cesto con froitas (h. 1595-1600) é un dos primeiros exemplos de bodegón puro, presentado con precisión e localizado á altura do ollo.Ebert-Schifferer, p. 82 Malia non posuír unha aberta simboloxía, esta pintura era propiedade do cardeal Borromeo e puido ser apreciada tanto por razóns estéticas como relixiosas. Jan Bruegel pintou o seu Gran buqué milanés (1606) tamén para o cardeal, sinalando que a pintura era «fatta tutti do natturel»' (feita enteira do natural) e aumentou o prezo polo esforzo extra.Ebert-Schifferer, p. 84 Eran uns bodegóns máis na colección do cardeal, xunto coa súa ampla colección de curiosidades. Entre outros bodegóns italianos, A cociñeira, de Bernardo Strozzi, é unha «escena de cociña» ao xeito holandés, que é por unha banda un detallado retrato dunha cociñeira, e por outro, a representación das aves de caza que está preparando.Stefano Zuffi, Ed., Baroque Painting, Barron´s Educational Series, Hauppauge, Nova York, 1999, p. 96, ISBN 0-7641-5214-9 Nun xeito semellante, un dos escasos bodegóns de Rembrandt, Rapariga con pavos reais mortos combina de igual xeito un simpático retrato feminino con imaxes de aves de caza.Zuffi, p. 175 miniatura|200px|Willem Claesz. Heda: Sobremesa, 1637. Este xénero foi moi cultivado na pintura holandesa do século XVII, como pode verse, por exemplo, na Natureza morta de Willem Claeszoon Heda (1637). O bodegón independizouse no novo clima artístico dos Países Baixos, co nome de stilleven («natureza tranquila»), mentres que nas linguas romances, e en ruso, prefírense termos relacionados coa «natureza morta». Mentres os artistas atopaban oportunidade limitada para producir a iconografía relixiosa que durante moito tempo fora a súa principal industria, xa que as imaxes de temas relixiosos estaban prohibidas na igrexa protestante reformada holandesa, a tradición setentrional continua de realismo detallado e símbolos ocultos atraían ás crecentes clases medias holandesas, quen estaban substituíndo á igrexa e o estado como os principais mecenas da arte nos Países Baixos.