Lawrence Lessig, nado o 3 de xuño de 1961 no estado do Dakota do Sur, é un xurista norteamericano de notoriedade internacional.

Traxectoria Estudou na Universidade de Pensilvania, no Trinity College (Cambridge) e na Universidade Yale. Foi profesor de Dereito en Harvard e na Universidade de Chicago.

Está considerado liberal progresista, se ben no seu momento foi asistente dos xuíces Richard Posner e Antonin Scalia, considerados conservadores.

En 2002 Lessig obtivo o FSF Award for the Advancement of Free Software da Free Software Foundation (FSF). O 28 de marzo de 2004 foi elixido para integrar a Xunta Directiva da FSFLeadership of FSF ..

O concepto de "cultura libre" propúxoo no seu libro en su libro homónimo (Cultura libre). É un activo promotor do software libre e o espectro aberto"Spectrum Policy: Property or Commons? ", artigo de Thomas Hazlett e Lawrence Lessig, 1 de marzo de 2003 ..

Especialista de dereito político e de dereito da propiedade intelectual, é un importante defensor da liberdade sobre Internet e oponse a unha interpretación extensiva do dereito de autor que prexudica o potencial de creación e aos intercambios en liña. É unha das voces máis escoitadas nos debates sobre os límites do dereito de autor e sobre o desenvolvemento mundial de Internet.

Actualmente é profesor de dereito (C. Wendell and Edith M. Carlsmith Professor of Law) na Stanford Law School (Universidade Stanford, California) onde fundou o Center for Internet and Society. É o actual presidente de Creative Commons (2010), membro do Consello da Electronic Frontier Foundation e membro da Xunta Directiva do Software Freedom Law Center, creado en febreiro de 2005.

No 2015 anuncia a súa candidatura á presidencia dos USA polo Partido Demócrata tendo como obxectivo aprobar unha única lei, a Citizens Equality Act, tras o que dimitiría deixando a presidencia ó Vicepresidente que forme equipo con el.

ObraTodas as obras da listaxe están baixos licenza CC e poden ser descargas da rede. Code and Other Laws of Cyberspace (2000) ISBN 978-0-465-03913-5 The Future of Ideas (2001) ISBN 978-0-375-50578-2 Free Culture (2004) ISBN 978-1-59420-006-9 Code: Version 2.0 (2006) ISBN 978-0-465-03914-2 Remix: Making Art and Commerce Thrive in the Hybrid Economy (2008) ISBN 978-1-59420-172-1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en director co profesor Lawrence Lessig , o 18 de febreiro de 2009 .

Outros artigos Movemento pola cultura libre

Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Profesores da Universidade de Chicago