O sector terciario tamén chamado comunmente sector servizos, é aquel sector da economía formado polas actividades que non xeran ningún ben físico directamente (a diferenza do sector primario, que extrae os bens da natureza e do secundario, que transforma estes bens noutros) senón que ofrece servizos ás persoas.
Poboación ocupada nel Nos países desenvolvidos ou nas áreas desenvolvidas o sector servizos é o máis importante e o que máis riqueza xera, ocupando tamén á meirande parte da poboación na actualidade, moitas veces máis da metade.
En cambio nos países e lugares menos desenvolvidos pode non chegar ao 5% do total da poboación activa.
Polo tanto a porcentaxe de poboación activa neste sector é un indicador do desenvolvemento da rexión a estudar.
Actividades As principais actividades do sector terciario son: Actividades relacionadas coa saúde e a medicina. Actividades relacionadas co comercio. Actividades relacionadas cos seguros, aseguradoras e similares. Función pública, administración pública, actividades de representación política e de servizos á comunidade, como as actividades en torno á seguridade e defensa (exército, policía, protección civil, bombeiros etc.) e as actividades en torno á xustiza (xuíces, avogados, notarios etc.) Restaurantes, cafés, bares e outros establecementos onde se poida tomar algún tipo de alimento. Cine, televisión, discotecas, recreativos, radio e todo tipo de actividades relativas ao lecer, ao entretemento e á comunicación. Actividades relacionadas coa xestión de negocios. A educación. Transportes. Informática, tecnoloxía, mecánica e similares. Servizos postais. Actividades turísticas.
Véxase tamén Sector primario Sector secundario Economía Emprego
Categoría:Economía