Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972, coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100. Cun total de 45,1 millóns de álbums vendidos e 42 millóns de cancións vendidas nos Estados Unidos a data de xuño de 2014, Eminem é o segundo artista varón con máis vendas da era Nielsen SoundScan, o sexto artista co maior número de vendas nos Estados Unidos e artista con maior número de vendas do hip hop. Globalmente vendeu máis de 172 millóns de álbms, sendo un dos artistas con maior número de vendas en todo o mundo. A revista Rolling Stone situouno na posición número 83 na súa lista dos 100 Mellores Artistas de Tódolos Tempos.

Tralo seu álbum de estrea Infinite (1996) e o Slim Shady EP (1997), Eminem asinou co selo de Dr. Dre, Aftermath Entertainment, e acadou a popularidade no ano 1999 co álbum The Slim Shady LP, polo que obtivo o seu primeiro Grammy ó Mellor Álbum de Rap. Os seus dous álbums seguintes, The Marshall Mathers LP (2000) e The Eminem Show (2002), acadaron un grande éxito en todo o mundo, conseguindo a certificación de diamante da RIAA e obtendo un novo Grammy ó Mellor Álbum de Rap por cada un deles. A estes seguiulle Encore (2004), que foi outro éxito comercial e da crítica. Tras unha pausa no 2005, publicou Relapse no ano 2009 e Recovery en 2010, gañando de novo un Grammy por cada un deles, con Recovery posicionándose coma o álbum máis vendido do mundo no 2010. O seu oitavo álbum de estudio, The Marshall Mathers LP 2 (2013), gañou dous premios Grammy.

A maiores da súa carreira en solitario, Eminem é un dos membros orixinais dos grupos Soul Intent e D12. Tamén colaborou con Royce da 5'9", baixo o nome colectivo de Bad Meets Evil. Fundou o selo Shady Records co director executivo Paul Rosenberg, con artistas destacados coma 50 Cent. En novembro de 2002 protagonizou o filme 8 Mile, que gañou un Premio Oscar a mellor canción orixinal co tema "Lose Yourself". Eminem fixo varios cameos nos filmes The Wash (2001), Funny People (2009), The Interview (2014) e na serie de televisión Entourage (2010).

Discografía En solitario Infinite (1996) The Slim Shady LP (1999) The Marshall Mathers LP (2000) The Eminem Show (2002) Encore (2004) Relapse (2009) Recovery (2010) The Marshall Mathers LP 2 (2013) Revival (2017) Kamikaze (2018) Music to Be Murdered By (2020) The Death of Slim Shady (Coup de Grâce) (2024)

Con D12

2001: Devil's Night 2004: D12 World

Filmografía Ano Filme Papel Notas 2000 Da Hip Hop Witch 2001 The Wash Chris Sen acreditar 2002 8 Mile Jimmy "B-Rabbit" Smith, Jr. Premio Oscar a mellor canción orixinal ("Lose Yourself") 2009 Funny People Cameo 2014 The Interview Cameo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Actores de Missouri Categoría:Cantantes de Missouri Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores musicais Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América