A Selección de rugby de Italia representa a Italia intenacionalmente no deporte do rugby. O equipo, tamén coñecido coma os Azzurri (os Azuis), leva xogando ao rugby dende finais dos anos 20 do século XX, e hoxe en día está considerado como un dos equipos punteiros do rugby europeo. Italia compite anualmente no torneo das Seis Nacións con Escocia, Francia, Gales, Inglaterra e Irlanda. miniatura|300px|centro|Os Azzurri sacan de centro

Posibelmente o rugby italiano acadase a súa meirande transcendencia internacional cando, no ano 2000, Italia pasou a formar parte do torneo das Cinco Nacions, creando o que hoxe se coñece como o RBS 6 Nations. Orixinariamente os italianos só sufrían humillantes derrotas neste torneo mais, pouco a pouco, as tornas foron cambiando e os Azzurri chegaron a quedar cuartos en 2007, e aínda nas derrotas non son tan amplas coma nos primeiros anos, non obstante hoxe ocupan a duodécima posición na listaxe mundialIRB Ranking , consultado a 29 de marzo de 2009 ].

Italia tamén competiu en tódolos mundiais que tiveron lugar até a data de hoxe dende a súa primeira edición en 1987, aínda que nunca conseguiron pasar a primeira rolda. A súa mellor actuación foi nos mundiais de 2003 e de 2007, onde conseguiron dúas vitorias na fase de grupos.

O seu adestrador actual é o francés Jacques Brunel.

Equipamento miniatura|Escocia - Italia 18 a 16

Italia xoga con camisola azul, que dende 2007 está elaborada pola compañía piemontesa Kappa, e o banco italiano Cariparma (Cassa di Risparmio di Parma e Piacenza S.p.A.) é o seu patrocinador oficial.

Rexistros Copa do Mundo de Rugby Participacións de Italia na Copa do Mundo. Edición Organizador Posto 1987 20px Nova Zelandia e 20px Australia Primeira Fase 1991 20px Inglaterracoa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia Primeira Fase 1995 20px Suráfrica Primeira Fase 1999 20px País de Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia Primeira Fase 2003 20px Australia Primeira Fase 2007 20px Franciacoa asistencia de País de Gales e Escocia Primeira Fase 2011 20px New Zealand Primeira Fase 2015 20px Inglaterracoa asistencia do País de Gales -

Seis Nacións

Rexistros de xogadores Máis partidos coa selección miniatura|Italia A listaxe seguinte recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección italianaEstatísticas en SuperRugby , consultado o 25 de marzo de 2009 . A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos. É preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partidos disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. O xogador que máis partidos xogou até o momento cos Azzurri é Alessandro Troncon, retirado da selección en 2007, con 101 convocatorias, o que o converte no sétimo xogador con máis partidos coa súa selección da historia.

En letra grosa xogadores en activo coa selección italiana.: Marco Bortolami - 105 Martin Castrogiovanni - 105 Sergio Parisse Andrea Lo Cicero - 103 Alessandro Troncon - 101

Máis ensaios Marcello Cuttitta é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Italia. Marcello Cuttitta - 25 Paolo Vaccari - 22 Carlo Checchinato - 21 Manrico Marchetto - 21 Alessandro Troncon - 19

Puntos O récord de puntos marcados posúeo Diego Domínguez con 983 puntos, que é o terceiro xogador da historia en número de puntos coa súa selección nacional despois do galés Neil Jenkins e do inglés Jonny Wilkinson (xogador aínda en activo). Diego Domínguez - 983 Stefano Bettarello - 483 Luigi Troiani - 294 Ramiro Pez - 260 Mirco Begamasco - 256

Notas

Italia, Selección de rugby de Categoría:Rugby en Italia