Elvis Crespo, nado en Nova York (Estados Unidos) o 30 de xullo de 1971, é un cantante portorriqueño de bachata, merengue e salsa. Foi chamado Elvis en referencia ao norteamericano Elvis Presley. Cando rapaz, mudou canda a nai a Guaynabo, Porto Rico, onde pasou a súa nenez e mocidade.

Comezou a súa carreira musical en 1998. Éxitos da súa autoría son "Píntame" ou "Suavemente".

Discografía 1998: Suavemente 1999: Píntame 2000: The Remixes 2000: Wow! Flash 2002: Urbano 2004: Saboréalo 2005: Hora Enamorada 2007: Regreso El Jefe 2010: Indestructible 2012: Los Monsters 2013: One Flag 2015: Tatuaje 2018: Diomedazo 2021: Multitudes

Categoría:Personalidades da salsa Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1971