Julián Felipe Muñoz Palomo, nado en El Arenal (Ávila) o 24 de novembro de 1947 e finado en Marbella o 24 de setembro de 2024, foi un político español coñecido pola súa polémica xestión coma alcalde de Marbella e por ser a ex parella sentimental da cantante Isabel Pantoja.
Traxectoria política Estivo afiliado ao PSOE antes de 1991 e xunto a Emilio Ureña e Sara Arias, cando entrou en política da man de Jesús Gil. O seu peso no Grupo Independiente Liberal foi aumentando co tempo, tras ser elixido concelleiro por Marbella no número seis da lista electoral en 1991, número tres nas de 1995 e número dous nas de 1999.
En 2002, tras a dimisión de Jesús Gil por mor da súa implicación no denominado "Caso Camisetas", Muñoz pasou a desempeñar as funcións de alcalde de Marbella. Foi investido definitivamente como alcalde nun pleno celebrado o 2 de maio de 2002.
Nas eleccións de maio de 2003, e tras ser a inhabilitación a Jesús Gil ratificada polo Tribunal Supremo, Muñoz presentouse como número un e candidato á alcaldía polo GIL, conseguindo a maioría absoluta (15 dos 27 membros da Corporación) co 47,09% dos votos e sendo reinvestido alcalde de Marbella o 14 de xuño. O día 13 de agosto dese mesmo ano Muñoz perdeu a alcaldía tras unha moción de censura impulsada por un grupo de sete tránsfugas do GIL, sendo Marisol Yagüe elixida como nova alcaldesa.
Caso Malaya Foi detido en xullo de 2006 na segunda fase do Caso Malaya, a trama de corrupción inmobiliaria e institucional máis importante destapada en España. Durante o tempo de prisión preventiva, Muñoz foi condenado en varios casos por suborno, malversación de fondos públicos e por prevaricación urbanística relacionada coa concesión de licenzas ilegais durante os gobernos municipais do Grupo Independiente Liberal (GIL). Tras cumprir as tres cuartas partes destas condenas urbanísticas, e recibindo previamente a liberdade baixo fianza no caso Malaya, Muñoz saíu do cárcere o 17 de outubro de 2008 tras case 2 anos e medio entre reixas.
En 2013 foi condenado a sete anos e medio de cárcere e 10 anos de inhabilitación de desempeños públicos por prevaricación e absolto dos delitos de malversación de caudais públicos e o subsidiario ou alternativo de fraude.Julián Muñoz, condenado a un ano de cárcere por prevaricación.
En outubro de 2013 foi condenado pola Audiencia Provincial de Málaga a 2 anos de cárcere e 16 de inhabilitación por delitos de fraude e prevaricación no marco do chamado Caso Malaya.
Actualmente segue en prisión e atópase nun delicado estado de saúde. Sofre unha cardiopatía isquémica-hipertensiva, unida a unha diabetes mellitus tipo I e a un numeroso cadro de afeccións, entre elas unha arteriopatía. Nos últimos dous anos, viuse obrigado a visitar o hospital en 29 ocasións. A propia subdirectora médica da prisión informou de que o risco de morte de Muñoz a medio prazo (entre un e cinco anos) é superior ao 50% a pesar do tratamento e a asistencia médica continua.
Debido á grave deterioración da súa saúde foi inicialmente concedido o réxime penal de terceiro grao en agosto de 2015, decisión xudicial que foi posteriormente anulada pola Audiencia de Málaga, ao considerar esta que Muñoz mantén «intacta» a súa «capacidade de delinquir». Días despois, a Audiencia exímelle de acudir a todas as sesións do xuízo pola trama de corrupción «caso Fergocon», no que está imputado, debido ao seu estado físico.
Vida privada Estaba casado en primeiras nupcias con Mayte Zaldívar, coa cal tivo dúas fillas; Eloísa e Elia Muñoz Zaldívar. No ano 2003 deixou á súa esposa e converteuse na parella sentimental de Isabel Pantoja, coa cal estivo ata 2006. Tanto Mayte como Isabel tamén foron condenadas no Caso Malaya. Máis tarde volveu atopar o amor con Karina Pau, con quen estivo dende 2009 até 2016.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Alcaldes de Marbella Categoría:Nados en El Arenal Categoría:Nados en 1947