Alejandro Pérez Lugín, nado en Madrid o 22 de febreiro de 1870 e finado en Acea de Ama (O Burgo, Culleredo) o 5 de setembro de 1926, foi un xornalista, escritor e cineasta español.Biografía na páxina web do concello de Culleredo En Madrid destacou como crítico taurino baixo o pseudónimo de Don Pío. A súa produción novelística localízase en dous ámbitos preferentes: Galicia e Andalucía. As súas obras máis coñecidas son as novelas La casa de la Troya e Currito de la Cruz. Estaba emparentado con Rosalía de Castro, xa que a súa avoa era irmá da nai de Rosalía.
Traxectoria
O seu nome completo era Alejandro María de las Mercedes Pedro Pérez García Lugín. Foi fillo de Antonio Pérez Serrano, natural de Cabra (Provincia de Córdoba), e de Maña Josefa del Carmen García Lugín y Castro, natural de Santiago de Compostela. Dende 1883, a familia viviu en Santiago, onde os pais instalaron unha camisería, e a cuxa universidade asistiu para facer a carreira de Dereito. En 1888, tendo Alejandro dezaoito anos de idade, morreulle a nai. Durante a súa etapa universitaria comezou a colaborar en diversos diarios da cidade como El Pensamiento Gallego. Licenciouse en 1891. miniatura|Pérez Lugín co rei Afonso XIII. En 1893 regresou a Madrid, onde comezou a traballar para a Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado, en varios ministerios, e como representante dunha empresa de explosivos, que lle obrigou a percorrer España. Nunha destas viaxes, durante unha estancia en Valencia, coñeceu casualmente a Elvira Consuelo Sanz y Gómez, coa que contraeu matrimonio.
É coñecido sobre todo polos seus artigos xornalísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela Currito de la Cruz (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ó cine en catro ocasións (1926, 1936, 1949 e 1965), a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e a segunda por Fernando Delgado de Lara.
Outra das súas novelas máis coñecidas é La casa de la Troya, con numerosísimas reedicións,Edicións de La casa de la Troya na Biblioteca Nacional de España. na cal recrea a vida dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ó teatro, ó cine en cinco ocasións (1925, 1930, 1936, 1948 e 1959)"‘La Casa de la Troya’ e o cinema" Compostela Filmada. Concello de Santiago de Compostela. e á televisión (en 1960 e 1965). Traducida ao galego por Mercedes Pacheco Vázquez e publicada por Auga Editora en 2020.A Casa da Troia (2020). Colección Fervenza. Auga Editora. ISBN 978-84-121795-0-7. miniatura|Lugín no seu escritorio. Escribiu como articulista, crítico taurino, teatral e musical para moitos diarios: El Compostelano, Por Esos Mundos, Nuevo Mundo, Arte Taurino, El Correo, El Globo, Diario Universal, El Mundo, España Nueva, La Mañana, El Liberal, Heraldo de Madrid, La Libertad, Hoy, El Eco de Santiago e La Voz de Galicia. Foi especialmente coñecido polo seu traballo para La Tribuna e enviado especial á Guerra de Marrocos por El Debate., Julia María "Alejandro Pérez Lugín" Diccionario Biográfico Electrónico. Real Academia de la Historia .
tras a súa morte publicáronse dúas novelas: dunha banda Arminda Moscoso, situada en Galicia, ordenada e ampliada polo xurista Alfredo García Ramos e publicada en Madrid en 1928, e doutra banda La virgen del Rocio ya entró en Triana, continuada por Manuel Siurot, baixo o pseudónimo de José Andrés Vázquez, e publicada en 1929.
Está soterrado no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña, baixo unha escultura feita por Bonome. Deixou un pequeno legado para que a Asociación da Prensa da Coruña creara un premio de xornalismo que debía concederse anualmente. A cidade da Coruña dedicoulle o nome dunha rúa. Recoñecementos
Foi declarado fillo adoptivo de Santiago de Compostela e de Sevilla.
Obras miniatura|Adaptación teatral de La casa de la Troya e Currito de la Cruz.Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España. El torero artista. Rafael Gómez (“Gallito”) (Apuntes para la historia), Madrid, Biblioteca Renacimiento (1911). De Titta Ruffo a la Fons, pasando por Machaquito. Notas de un repórter, Madrid, Librería de los Sucesores de Hernando (1912). ¡¡¡Ki ki ri kí!!! Los “gallos”, sus rivales y “su” prensa, Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1914). La casa de la Troya. Estudiantina, Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1915).Incluída en 1991 na Biblioteca 114 (volumes 9 e 10). Traducida ao galego en 2020. La Amiga del Rey. Las Tiples. Romanones. La Vicaría... (Notas de un repórter), Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1917). Currito de la Cruz. Madrid, Librería de los Sucesores de Hernando, 2 tomos (1921).Publicado tamén en El Debate, do 26 de xuño de 1921 ao 4 de decembro de 1921. La corredoira y la rúa, Madrid, Alejandro Pueyo (1922). Póstumas Arminda Moscoso, Madrid, Librería y Casa Editorial Hernando (1928).Novela incompleta, ordenada e ampliada polo xurista Alfredo García Ramos. La virgen del Rocio ya entró en Triana, Madrid, Pueyo (1929).Quedou sen rematar e foi continuada por Manuel Siurot, baixo o pseudónimo de José Andrés Vázquez. Obras completas, Madrid, Fax (1945). Con prólogo de Alejandro Barreiro Noya.Hai outra edición das obras completas, tamén en Madrid, Fax, de 1953.
Galería de imaxes
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
ISBN 84-7119-058-9.
Outros artigos Ramón Álvarez Lugín La casa de la Troya (filme de 1925) La casa de la Troya (filme de 1959)
Ligazóns externas Museo Casa da Troya "Ciudades Patrimonio > Santiago de Compostela > Personalidades > Alejandro Pérez Lugín" Instituto Cervantes .