dereita|250 px|Estrutura da Interleucina-1

A interleucina 1 (IL-1 ou IL1) é unha citocina producida por múltiples estirpes celulares, principalmente por macrófagos activados. Prodúcese en grandes cantidades como resposta a infeccións ou calquera tipo de lesión. É un mediador fundamental na resposta inflamatoria ocasionando febre, neutrofilia e produción de proteínas de fase aguda. Codificada no cromosoma 2, historicamente foi unha das primeiras citocinas descubertas.

Características A IL-1 é liberada polos macrófagos, monocitos e células dendríticas en resposta ao factor de necrose tumoral alfa (TNF-α). Coñécense tres formas: IL-1α. National Cancer Institute - IL-1 É maiormente intracelular e termina adherida á membrana celular con certos efectos parácrinos no contorno da célula secretora. IL-1β. É segregada á circulación e interacciona con dous tipos de receptores. - Tipo I: atópanse sobre a maioría das células do corpo e parece ser o mediador das respostas clásicas da IL-1. - Tipo II: atópanse sobre linfocitos B, neutrófilos, monocitos e células da medula ósea. IL-1RA. É inhibitoria sobre as outras dúas formas actuando como antagonista impedindo a unión de IL-1a e β aos seus respectivos receptores.

A pesar das diferenzas estruturais entre a IL-1α e a IL-1β, ambas se unen ao mesmo receptor. Por suposto, o antagonista IL-1RA ten afinidade por ese mesmo receptor. As tres moléculas, así como o seu receptor, sintetízanse a partir de xenes localizados no mesmo cromosoma. IL-1α e IL-1β son fragmentos de 17 kDa orixinados a partir de proteínas precursoras inactivas, duns 30 kDa, chamadas pro-IL-1α e pro-IL-1β.

Funcións A interleucina 1 ten accións estimuladoras, así como inhibitorias, sobre diversos tipos celulares e incluso promove a apoptose doutras. Entre as súas funcións principais están: Efectos proinflamatorios produto da liberación de histamina por mastocitos, causando vasodilatación e os signos de inflamación localizada. Ten actividade quimotáctica sobre os granulocitos. Causa febre por liberación de prostaglandinas, sobre todo por incrementar os niveis de prostaglandina E2 (PGE2) Xunto con IL-6 causa elevación das proteínas hepáticas de fase aguda (por ex., fibrinóxeno e proteína C reactiva). Actúa sobre o sistema nervioso central producindo sono e anorexia durante procesos infecciosos polo efecto do óxido nítrico. Ese mesmo efecto inhibe a contracción da musculatura lisa das arterias e do músculo cardíaco.(Cabe dicir que o oxido nítrico é un mediador soluble das inflamacións, nestas produce vasodilatación) Estimula a liberación de hormonas da hipófise. Incrementa o número de células precursoras da medula ósea. Promove a expresión dos xenes que a producen, así como da síntese das prostaglandinas, leucotrienos, interleucina-8 e de certos protooncoxenes como c-fos. Incrementa a expresión cos complexos de histocompatibilidade. Isto podería provocar o rexeitamento dun transplante previo á administración de IL1.

Investigación Ensaiouse o seu uso na estimulación da reacción inflamatoria en doentes inmunodeprimidos. Así mesmo, o hipotético uso de antagonistas da IL-1 como antiinflamatorios.

Notouse que certos tumores medran máis lentamente do común, ou non se desenvolven, en ratos carentes de IL-1.

Crese que IL-1 é un intermediario das hormonas gonadotropinas no ciclo da ovulación

Notas

Ligazóns externas IL-1 en Prospecbio

Categoría:Inmunoloxía Categoría:Citocinas