Joaquim de Magalhães Fernandes Barreiros, nado en Vila Praia de Âncora (Viana do Castelo) o 19 de xuño de 1947, máis coñecido coma Quim Barreiros, é un cantante popular portugués que toca o acordeón, coñecido polas súas letras de duplo sentido. Algúns dos seus éxitos máis coñecidos son "A Cabritinha", "Bacalhau à Portuguesa" ou "A Garagem da Vizinha".

Traxectoria Quim Barreiros comezou a aprendizaxe do acordeón con 8 anos, e con 9 xa tocaba a batería no conxunto de seu pai ("Conjunto Alegría").

En 1968 comeza o seu servizo militar para a Forza Aérea Portuguesa en calidade de músico na famosa Banda da Forza Aérea, mais remata a súa carreira militar no 1974. Foi nese período de músico militar onde tivo a oportunidade de tocar nas principais casas de Fado e restaurantes típicos. Coñeceu así ao famoso guitarrista Jorge Fontes, con quen gravou o seu primeiro disco, no 1971. Aos poucos, Quim Barreiros foi actuando en tódolos países onde existen comunidades de portugueses (Canadá, Estados Unidos, Venezuela, Brasil, Suráfrica, Francia, Alemaña, Inglaterra, España e outros), acadando unha gran popularidade tamén en Galiza.

Discografía miniatura|Quim Barreiros durante un concerto na aldea do Pereiro, no concello portugués de Mação, en 2008. O Malhão Não É Reaccionário (1975) Dance Com Quim Barreiros e o Super-Trio (1981) Bacalhau à Portuguesa (1986) Riacho da Pedreira (1986) CD D'Ouro (1991) O Sorveteiro (Chupa Teresa) (1992) Original (O Franguito da Maria) (1992) Insónia (1993) Deixa Botar Só a Cabeça (Acredita em Mim) (1993) Meu Dinossauro (1994) Mestre de Culinária (1994) Os 60 Maiores Êxitos (1994) Nunca Gastes Tudo (1995) Minha Vaca Louca/Melhor Dia Para Casar (1996) 15 Grandes Sucessos (1997) Marcha da Expo'98 (A Ultima do Milénio) (1998) Na Internet (1998) O Melhor dos Melhores (1998) Marcha do 3º Milénio (1999) A Garagem da Vizinha (2000) Comer, Comer (2001) Depois da Uma (2002) Cantares ao Desafio (2002) O Melhor de Quim Barreiros (2003) Na Tua Casa Tá Entrando Outro Macho (2003) A Cabritinha (2004) Riacho da Pedreira (2005) O Ténis (2005) A Padaria (2006) Use Álcool (2007) Fui Acudir (2008) O Melhor de Quim Barreiros Volume 3 (2008) O Peixe (2009) Deixai-me Chutar (2010) O Brioche da Sofia (2011) O Bilau (Kuduro) (2011) Dar ao Apito (2012) Mole não Entra (2013) Caça Asneiras (2014) O Pau Caiu Na Panela (2015)

Na súa discografía, o artista conta tamén con diversos álbums compostos esencialmente por temas instrumentais de acordeón. En maio de 2007, Quim Barreiros lanzou o álbum Use Álcool, no cal existe unha peza na que lle canta ó seu neto, abrindo ao público unha xanela para un lado seu máis afectivo e sentimental, raramente visto no artista.

DVD Quim Barreiros ao Vivo (2006)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Quim Barreiros Entrevista a Quim Barreiros no programa Gente da nossa, no youtube (portugués)

Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Grupos musicais de Portugal Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Portugal