Os Abaditas foron unha dinastía andaluza de orixe árabe, gobernantes do reino taifa de Sevilla (1023-1091). Tamén foron coñecidos como Banu Abbad.

O fundador da dinastía foi Abu al-Qasim Muhammad ibn Abbad, cadí da cidade, que se fixo popular entre os seus conciudadáns ao organizar a resistencia contra os soldados de fortuna bérberes que estaban rapiñando os fragmentos nos que se desfacía o califato de Córdoba.

Categoría:Historia de España