Ōita (大分市, おおいたし, Ōita-shi) ou Ooita é un concello e cidade da prefectura de Ōita no Xapón, capital da súa prefectura. Está situado na parte leste da rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū. Ten 501,28 km² de superficie, unha poboación de 469.504 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 937 hab./km².

O concello de Ōita limita cos concellos de Beppu, Yufu, Taketa, Bungoōno e Usuki.

Universidades Universidade de Ōita (大分大学) - Universidade estatal.

Cidades irmandadas Aveiro, Portugal. Austin, Texas, EUA.

Personaxes de sona Tomiichi Murayama (村山 富市, むらやま とみいち, 1924 - ) - Político, último líder do Partido socialista do Xapón, 1º líder do Partido Socialdemócrata do Xapón, e 81º primeiro ministro do Xapón. Arata Isozaki (磯崎 新, いそざき あらた, 1931 - 2022) - Arquitecto.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ōita .

Categoría:Prefectura de Ōita Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón