miniatura|O Reino de Italia e as súas marcas no Imperio carolinxio.
O Reino de Italia (Regnum Italiae, Regnum Italicum ou Reichsitalien) foi unha entidade política e xeográfica sucesora do Reino Longobardo que, circunscrita ao norte da Península Itálica, pasou de formar parte do Imperio Carolinxio e, despois, ao Sacro Imperio Romano Xermánico, desde a coroación imperial de Odón I en Roma no ano 962.
A vinculación do reino de Italia ao sistema imperial supuxo que o que quedaba do sistema administrativo da época carolinxia fora minado tanto pola ausencia do soberano, que confiaba nos poderes feudais locais, como polo desenvolvemento comunal, e polas querelas entre o emperador co papa, que polarizaron a vida italiana entre güelfos e xibelinos.
O Grande Interregno liquidou o poder efectivo do emperador, non só en Italia senón na mesma Alemaña, pero aínda retivo a autoridade xurisdicional para lexitimar os gobernos locais. Debido ás querelas internas, o sistema comunal das cidades transformouse en señorías ou en repúblicas, de entre as cales só os réximes fortes e poderosos, con capacidade para contratar forzas mercenarias, puideron someter a cidades veciñas creando Estados territoriais.
A intervención francesa a partir de 1494 alterou as relacións de poder na península e atraeu de novo a atención do emperador sobre os asuntos italianos. As paces de Boloña en 1530 converteron ao emperador en árbrito de Italia, pero a hexemonía en Italia recaeu nos reis de España até que, na Guerra de Sucesión española, o emperador recobrou un papel de preponderancia.
Tras estabilizarse as relacións de poder entre as dinastías rivais de Habsburgo e Borbón, a Revolución Francesa e a súa extensión a Italia supuxo a liquidación da autoridade imperial en Italia e, poucos anos despois, na propia Alemaña.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Le Goff, Jacques & Schmitt, Jean-Claude (2003): Diccionario razonado del Occidente medieval. Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-1458-4. Levillain, Philippe (2002): The Papacy: An Encyclopedia Volume 2. Routledge. ISBN 978-0-415-92230-2. Skinner, Quentin (1978): The foundations of modern political thought Volume 1. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-29337-2.
Categoría:Estados desaparecidos da Península Itálica Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Estados da Idade Media