O músculo braquial anterior é un músculo humano pertencente á rexión anterior do membro superior.
Insercións Cranialmente, insírese na diáfise umeral, nas partes inferiores das caras interna e externa. Tamén, no bordo anterior. Caudalmente, insírese no cúbito, na superficie inferior da apófise coronoide.
Relacións Discorre por enriba do músculo bíceps braquial. Entre ambos discorre o nervio musculocutáneo, que é ademais o nervio que os innerva. Na parte máis inferior forma o límite interno da canle bicipital interna.
Funcións É o flexor máis potente do cóbado.
Innervación e vascularización A innervación procede do nervio musculocutáneo, mentres que a vascularización é achegada pola arteria umeral.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Musculatura do membro superior