Acrotomofilia (do akron grego, "extremidade", tomein, "cortar", e philein, "querer") é unha parafilia que consiste no interese sexual polas persoas amputadas. É distinto a apotemnofilia, o interese sexual en ser un amputado.

Características O termo amelotatismo foi tamén utilizado para describir a acrotomofilia. John Money fixo uso dos termos autoapotemnofilia e aloapotemnofilia para describir o interese erótico por querer ser ou parecer un amputado contra o feito de querer un amputado como parella. Con todo, estes termos non volverían ser empregados a partir de 1977.

Véxase tamén Outros artigos Parafilia Sexualidade

Categoría:Parafilias