Sendai (仙台市, せんだいし, Sendai-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Tōhoku e no centro da prefectura, ó noroeste da illa de Honshū. Ten 783,54 km² de superficie, unha poboación de 1.032.256 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.320 hab./km².
O concello de Sendai limita cos concellos de Shikama, Taiwa, Tomiya, Rifu, Tagajō, Shichigahama, Natori, Murata, Kawasaki (que son prefectura de Miyagi); de Obanazawa, Higashine e Yamagata (que son da prefectura de Yamagata).
O 11 de marzo de 2011 produciuse preto da súa costa un dos tremores de terra máis intensos dos que se teña rexistro, o terremoto de Sendai de 2011 (東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do océano Pacífico), que causou importantes danos no concello.
División administrativa O concello de Sendai divídese en 5 barrios (ku 区): Aoba-ku (青葉区, あおばく) Izumi-ku (泉区, いずみく) Miiaguino-ku (宮城野区, みやぎのく) Taihaku-ku (太白区, たいはくく) Wakabaiaxi-ku (若林区, わかばやしく) dereita|250px|miniatura
Economía Universidades Universidade de Tōhoku (東北大学)
Cidades irmandadas Riverside (California). Rennes. Minsk. Acapulco. Gwangju.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sendai .
Categoría:Prefectura de Miyagi Categoría:Concellos do Xapón