A misofilia é unha parafilia consistente nun interese e desexo patolóxicos polas cousas sucias.

Características As prácticas misófilas poden consistir en mastigar, ulir, vestir ou realizar algunha acción con cousas ou persoas sucias. Os misófilos senten excitación por atoparse coa parella nun estado de sucidade. A misofilia catalógase coma un tipo de fetichismo.

Psicanaliticamente a misofilia interprétase como unha fixación na fase anal ou como unha regresión a ela.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Parafilia Sexualidade

Categoría:Parafilias