O Gran Premio de Malaisia de 2009 (formalmente o XI Gran Premio de Malaisia Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 5 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, Malaisia. Foi a segunda carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. Jenson Button gañou para o equipo Brawn GP, saíndo da pole position. Nick Heidfeld quedou segundo co equipo BMW Sauber e Timo Glock terceiro para Toyota. Xa que non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171.833 km percorridos), sendo ademais a primeira desde o Gran Premio de Australia de 1991. Brawn GP volveuse o segundo construtor en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios do Campionato do Mundo desde que Alfa Romeo o fixera en .
Resumo Vista xeral miniatura|esquerda|O xoves antes da carreira, Lewis Hamilton foi descualificado do Gran Premio anterior por enganar os comisarios. O Gran Premio foi disputado por 20 condutores, repartidos en 10 equipos de dous. Os equipos, tamén coñecidos como "construtores" ou "escuderías", foron Ferrari, McLaren–Mercedes, Renault, Brawn, Force India, BMW Sauber, Toyota, Red Bull Racing, Williams e Toro Rosso.
Tras o Gran Premio de Australia, Jenson Button adiantárase dous puntos de Rubens Barrichello e catro de Jarno Trulli no campionato de pilotos. Asemade, Brawn GP lideraba o de construtores con 7 puntos de diferenza sobre Toyota e con 14 sobre Renault.
O comezo da carreira foi movido desde as 15:00 hora local (07:00 UTC) ás 17:00 hora local (09:00 UTC). Este traslado foi levado a cabo para facer a retransmisión da carreira a unha hora máis accesible para os europeos, lugar onde hai unha maior audiencia do evento. Non obstante, os organizadores desbotaron a posibilidade de celebrar unha carreira nocturna, na liña do Gran Premio de Singapur de 2008, por motivos de orzamentos.
Adestramentos libres e clasificación
miniatura|esquerda|Jenson Button obtivo a súa segunda pole position da temporada para Brawn GP.
Houbo tres sesións de práctica antes da carreira; a primeira foi o venres pola mañá e a segunda no serán do mesmo día. Ambas as sesións tiveron unha duración dunha hora e 30 minutos, con tempo seco. A terceira sesión celebrouse á mañá do sábado e durou tan só unha hora, tamén con condicións climatolóxicas secas. Nico Rosberg e Kazuki Nakajima quedaron primeiro e segundo con Williams na primeira sesión con tempos de 1:36.260 e 1:36.305 minutos respectivamente. Na segunda, Kimi Räikkönen e Felipe Massa de Ferrari fixeron os mellores tempos de 1:35.707 e 1:35.832 minutos. Despois de 18 voltas, a cabina de Räikkönen comezou a botar fume, e aínda que Ferrari non deu unha declaración oficial, hai informes que apuntan a un requecemento do sistema KERS.
Jenson Button obtivo para Brawn a segunda pole consecutiva por diante do Toyota de Jarno Trulli Button storms to another pole ITV-F1.com 04-04-2009. Consultado o 04-04-2009. O outro Brawn, conducido por Rubens Barrichello, clasificou cuarto (terceiro se se considera a penalización de Vettel) pero foi atrasado cinco posicións ata a 8ª por mudar a súa caixa de cambios. Por outra banda, un erro de estratexia significou o fracaso de Massa, que non conseguiu pasar o corte da Q1. Nunha entrevista a Globo TV, o piloto dixo que el e mais o equipo pensaran que o tempo inicial era suficiente para pasar á segunda sesión, e non saíu para melloralo nun intento de conservar o motor. Non obstante, non foi o caso e Massa quedou na 16ª praza.
Carreira miniatura|dereita|Jenson Button obtivo a pole position da grella de saída, pero foi Nico Rosberg (que saía cuarto) o que fixo a mellor saída, colocándose primeiro na primeira curva. miniatura|dereita|Robert Kubica retirouse na primeira volta por un problema de motor. Na liña de saída produciuse unha escapada limpa de todos os pilotos, agás de Robert Kubica, que tivo que retirarse tras a primeira volta por problemas co seu motor. O Williams de Nico Rosberg adiantou desde o cuarto posto da grella ata a cabeza de carreira na primeira curva, seguido de Jarno Trulli e Fernando Alonso, o cal usou o seu sistema KERS cun bo resultado deixando atrás a súa décima posición de saída; pola súa banda, Jenson Button non saíu ben e o seu Brawn quedou atrasado ata a cuarta praza. Na volta cinco, o McLaren de Heikki Kovalainen pasou por riba de fragmentos de goma de pneumático degradados e realizou un trompo que o obrigou a retirarse, incrementando a mala sorte que o equipo sufrira desde os días previos á carreira.
Despois dunha saída lenta, Button alcanzou e pasou o Renault de Alonso, que ía máis pesado, na volta trece, ocupando agora a terceira praza e poñéndose detrás de Trulli. Rosberg e Trulli foron recargar antes ca Button, así que este conseguiu pasalos durante a súa primeira parada no pit stop liderando agora a carreira. A evidencia de chuvia era vagamente notoria, pero Kimi Räikkönen arriscouse a cambiar as súas rodas de seco por unhas de mollado. No entanto, a súa aposta non deu resultado xa que a chuvia non chegou tan cedo como estaba previsto, e foi forzado a baixar o rendemento para atrasar o rápido desgaste deste tipo de rodasSe os pneumáticos de mollado non rodan sobre superficies con auga, estes non son quen de manter a súa integridade estrutural a altas velocidades, degradándose rapidamente nunhas poucas voltas..
Ao redor da volta 19, a chuvia empezou a caer sobre o circuíto e a meirande parte dos pilotos foron trocar a rodas de mollado. Non obstante, neses intres non había auga abondo na pista, polo que as rodas comezaron a consumirse moi rápido. Timo Glock estivera usando pneumáticos intermedios que ían mellor nesas condicións e subiu axiña ata o terceiro posto. Os demais pilotos seguiron o exemplo e mudaron tamén as súas rodas ata que na volta 31 o chuvasco chegou a todo o asfalto e os condutores tiveron que cambiar a rodas de mollado unha vez máis.
Debido ás chuvias torrenciais a carreira tivo que ser detida na volta 33 e os resultados foron tomados da clasificación á fin da volta 31 (a penúltima completada, segundo a norma 42.8 do regulamento). En consecuencia, repartiuse a metade dos puntos aos oito primeiros. Button conseguiu a súa segunda vitoria consecutiva da temporada (a terceira da súa carreira deportiva) e cinco puntos. A vitoria significou tamén que Brawn GP fose o primeiro equipo desde Alfa Romeo en en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios. O resto do podio formárono Nick Heidfeld e Timo Glock.
Tras a carreira miniatura|esquerda|Trulli, Barrichello, Hamilton e Webber paran os seus monoprazas na recta do circuíto cando foi anunciada a decisión de sacar bandeirola vermella. Xeralmente os condutores respaldan a decisión de abandonar a carreira, citando a diminución de visibilidade (debido ao tarde que comezou) así como á gran cantidade de chuvia.
Os organizadores do evento tamén confirmaron que revisarán a hora de comezo do Gran Premio de Malaisia de 2010 para que isto non se repita. Mokhzani Mahathir, presidente do Circuíto Internacional de Sepang, dixo que o consultara con Bernie Ecclestone despois da carreira e estaban de acordo en miralo. Porén, Ecclestone revelou que non tiña remorsos sobre o horario, declarando:
Mahathir suxeriu a posibilidade de incluír un sistema de iluminación (similar ao usado no Gran Premio de Singapur) para alumear o circuíto en carreiras futuras.
Clasificación Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".
Cualificación PosNºNomeConstrutorParte 1Parte 2Parte 3Grella122 Jenson ButtonBrawn-Mercedes1:35.0581:33.7841:35.181129 Jarno TrulliToyota1:34.7451:33.9901:35.2732315 Sebastian VettelRed Bull-Renault1:34.9351:34.2761:35.518131423 Rubens BarrichelloBrawn-Mercedes1:34.6811:34.3871:35.65182510 Timo GlockToyota1:34.9071:34.2581:35.6903616 Nico RosbergWilliams-Toyota1:35.0831:34.5471:35.7504714 Mark WebberRed Bull-Renault1:35.0271:34.2221:35.797585 Robert KubicaBMW Sauber1:35.1661:34.5621:36.106694‡ Kimi RäikkönenFerrari1:35.4761:34.4561:36.1707107‡ Fernando AlonsoRenault1:35.2601:34.7061:37.6599116‡ Nick HeidfeldBMW Sauber1:35.1101:34.769101217 Kazuki NakajimaWilliams-Toyota1:35.3411:34.78811131‡ Lewis HamiltonMcLaren-Mercedes1:35.2801:34.90512142‡ Heikki KovalainenMcLaren-Mercedes1:35.0231:34.924141511 Sébastien BourdaisToro Rosso-Ferrari1:35.5071:35.43115163‡ Felipe MassaFerrari1:35.64216178‡ Nelsinho PiquetRenault1:35.708171821 Giancarlo FisichellaForce India-Mercedes1:35.908181920 Adrian SutilForce India-Mercedes1:35.951192012 Sébastien BuemiToro Rosso-Ferrari1:36.10720 Nota 1. Sebastian Vettel sufriu unha penalización de 10 posicións na grella de saída por causarlle un accidente evitable a Robert Kubica no Gran Premio de Australia. Nota 2. Rubens Barrichello recibiu unha penalización de 5 prazas por mudar a súa caixa de cambios.
Carreira Pos Nº Condutor Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 22 Jenson Button Brawn-Mercedes 31 55:30.622 1 5 2 6‡ Nick Heidfeld BMW Sauber 31 +22.722 10 4 3 10 Timo Glock Toyota 31 +23.513 3 3 4 9 Jarno Trulli Toyota 31 +46.173 2 2,5 5 23 Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 31 +47.360 8 2 6 14 Mark Webber Red Bull-Renault 31 +52.333 5 1,5 7 1‡ Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 31 +1:00.733 12 1 8 16 Nico Rosberg Williams-Toyota 31 +1:11.576 4 0,5 9 3‡ Felipe Massa Ferrari 31 +1:16.932 16 10 11 Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 31 +1:42.164 15 11 7‡ Fernando Alonso Renault 31 +1:49.422 9 12 17 Kazuki Nakajima Williams-Toyota 31 +1:56.130 11 13 8‡ Nelson Piquet, Jr. Renault 31 +1:56.713 17 14 4‡ Kimi Räikkönen Ferrari 31 +2:22.841 7 15 15 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 30 Trompo 13 16 12 Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 30 Trompo 20 17 20 Adrian Sutil Force India-Mercedes 30 +1 volta 19 18 21 Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 29 Trompo 18 Ret 5 Robert Kubica BMW Sauber 1 Motor 6 Ret 2‡ Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 0 Trompo 14 A carreira deteuse na volta 33, a clasificación tómase da orde na que os pilotos ían tras 31 voltas. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completou o 75% da carreira. Esta carreira foi a quinta en ser suspendida antes de completar o 75% da distancia: as outras foron os Grandes Premios de España de 1975, Austria de 1975, Mónaco de 1984 e Australia de 1991 (o GP máis curto da historia). Ademais, esta foi a primeira carreira desde o Gran Premio de Italia de 2005 que Ferrari non puntúa en dúas carreiras consecutivas.
Campionato tras a carreira
Campionato de pilotos Pos Condutor Puntos 1 Jenson Button 15 2 Rubens Barrichello 10 3 Jarno Trulli 8,5 4 Timo Glock 8 5 Nick Heidfeld 4
Campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Brawn-Mercedes 25 2 Toyota 16,5 3 BMW Sauber 4 4 Renault 4 5 Williams-Toyota 3,5
Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completaron as tres cuartas partes da carreira.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Resultados oficiais do Gran Premio de Malaisia FIA Formula1.com
Malaisia